INSCRICION CAMPAMENTOS URBANOS SEMANA SANTA 2022
Enviado por Anónimo o Ven, 18/03/2022 - 13:50
Hoxe abriuse o prazo de inscrición nos campamentos urbanos de conciliación familiar de Semana Santa!
Dirixidos a nenos e nenas nados entre 2010 e 2019, desenvolveranse os días 11, 12, 13 e 18 de abril, en horario de 9:00 a 14:00 horas, e inclúen diferentes propostas de actividades lúdico-educativas.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Municipal do Concello, previa cita, nos números de teléfono 667 12 93 89 | 667 12 93 80, desde o 18 ao 30 de marzo en horario de 08:30 a 13:30 horas.
Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica municipal, comezando o prazo o día 18 de marzo ás 00.00 e rematando o prazo o 30 de marzo ás 14:00 horas.
Toda a info: https://bit.ly/3thuyCa
Fai clic aquí para descargar o FORMULARIO DE INSCRICIÓN.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
INSCRICION CAMPAMENTOS URBANOS SEMANA SANTA 2022.pdf | 174.52 KB |