CONCURSO DE CABAZAS DE ABRENTE 2021

INSCRICIÓN CONCURSO CABAZAS 2021. Prema aquí para descargar o formulario.

SAMAÍN-HALLOWEEN

Con motivo da celebración do Samaín/Halloween, o vindeiro venres 29 de outubro o alumnado poderá vir DISFRAZADO ou caracterizado dalgunha personaxe relacionada con esta festividade. O disfrace ha de ser cómodo e non pode incluír complementos, como vasoiras, coitelos, tridentes, etc.

Como novidade, este ano propoñémosvos ademais que tanto nenos como nenas inclúan a DECORACIÓN DE UNLLAS nesta caracterización.

Nese día tamén poden traer unha MERENDA TERRORÍFICA en substitución da merenda habitual. 

PAGOS TELEMÁTICOS DE COMEDOR ESCOLAR

PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR

 

O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

 

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

Pagamento TELEMÁTICO a través da páxina web do espazo ABALAR

 

Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL  da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.

Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.

Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.

 

VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR

Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda

MANUAL PAGO COMEDOR

O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes. 

PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.

 

https://ovt.atriga.gal/

 

Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.

O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:

A continuación, a ruta é: inicial taxa Candado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.

Ver imaxes seguintes:

A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:

Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional

Delegación: A Coruña

Servizo: Secretaria

Taxa: 352800-Comedores escolares.

Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.

A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.

Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.

A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.

IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.

Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.

Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante como o que se mostra na imaxe que segue, e envialo ao colexio.

Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras.

 

Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.

APERTURA DO PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2021-2022 - Vive As Pontes

O Concello das Pontes abre o prazo para a tramitación das solicitude da axuda ás familias para a escolarización dos seus fillos/as da convocatoria extraordinaria de setembro. O prazo para formalizar as solicitudes será do 20 ao 30 de setembro de 2021.

Esta convocatoria vai dirixida ás familias con fillos e/ou fillas empadroados/as no Concello de As Pontes, que por obrigación, tiveran que formalizar a matrícula no seu Centro, neste mes setembro

APERTURA DO PRAZO EXTRAORDINARIO PARA SOLICITAR AS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A ESCOLARIZACIÓN. CURSO 2021-2022 - Vive As Pontes

INICIO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias.

Este xoves 9 de setembro comenzarán as clases, cos horarios e servizos habituais do centro (almorzos, transporte e comedor escolar).

Nas seguintes imaxes podedes comprobar cales son os horarios de entrada e portas de acceso de cada grupo.

O profesorado realizará unha reunión de pais entre este mes e o seguinte.

Séguense as mesmas directrices que o curso pasado (autoevaluación covid antes de vir ao cole, emprego diario de mascarilla, mascarilla de reposto e hixiene de mans con xel e/ou xabón e auga...)

EDIFICIO DE INFANTIL, 1º, 2º E 3º DE PRIMARIA

EDIFICIO DE 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA

Durante este mes reelaboraranse os protocolos COVID-19 adaptados ao noso contexto. Para calquera comunicación a cerca de incidencias relativas a contaxios COVID, deberedes contactar cos seguintes números de teléfono: 644 399 096 ou 881 930 036

Debido a cuestións administrativas, pola ausencia dun mestre que temos pendente de asignar, os horarios de materias e especialidades do alumnado estregaránselle ao alumnado a próxima semana.

Ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, que lles corresponde préstamo de libros de texto, seranlles entregados estes materias, na súa aula, os primeiros días do curso. Non tendes que vir a recollelos.

ADMISIÓN PROVISIONAL USUARIOS COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

ADMISIÓN PROVISIONAL USUARIOS COMEDOR ESCOLAR 2021/2022

 

Dende o día 1 de Setembro pódese consultar a listaxe provisional de alumnado que foi admitido no comedor escolar para o curso 2021/2022. Está exposta na cristaleira do edificio administrativo.

 Ábrese prazo de alegacións até o día 7 de Setembro. Ao día seguinte publicarase a listaxe definitiva de admitidos.

 Clicando aquí, pódese consultar a normativa que regula o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o presente curso.

 E premendo aquí, pódese consultar un extracto da anterior, no que se enumeran os criterios empregados para a selección do alumnado admitido no comedor. Debido a que houbo máis solicitudes de admisión ca prazas no mesmo, fíxose unha baremación atendendo a estes criterios, baseándonos únicamente na documentación presentada polas familias.

 As familias do alumnado que non foi admitido neste momento, pode presentar as alegacións que considere oportunas, e incluso aportar nova documentación de ser o caso que variara a súa situación de incompatibilidade horaria. Tendo en conta estas alegacións, refarase a listaxe de usuarios admitidos e publicarase xa como definitiva o día 8 de Setembro.

 O alumnado que finalmente non sexa admitido na listaxe publicada o 8 de Setembro quedará rexistrado nunha listaxe de reserva, igualmente ordeada atendendo ao cumprimento destes criterios, e poderá acceder ao comedor nesa orde, segundo vaian xurdindo vacantes, se é o caso.

 Por outra banda, rogamos ás familias cuxos pequenos resultaran admitidos nesta primeira listaxe provisional e que, por calquera circunstancia decidan de maneira voluntaria renunciar á praza de comedor que se lles asignou, se poñan en contacto coa dirección do centro á maior brevidade. Destas renuncias tamén dependerá a reelaboración da listaxe definitiva de admitidos.

 

A dirección do centro queda á vosa disposición para a aclaración sobre calquera dúbida ao respecto.

 

BENVIDOS AO CURSO 2021-2022

CURSO 2021-2022

  • COMEDOR ESCOLAR:Está pubicada no taboeiro do centro, no Edificio de Administración, a listaxe de usuarios admitidos no comedor escolar para o curso 2021-2022.
  • REUNIÓN FAMILIAS 3 ANOS: Venres día 3 de Setembro ás 16:30 horas no comedor.

Nos próximos días recibiredes información sobre as entradas e saídas e horarios do centro así como a entrega de libros de préstamo para o alumnado que lle corresponden de 3º e 4º de Educación Primaria. 

EU ALMORZO NO COLE

INSCRICIÓN NO PROGRAMA "EU ALMORZO NO COLE". Fai clic aquí para descargar o formulario de inscrición.

Distribuir contido