ADMISIÓN PROVISIONAL USUARIOS COMEDOR ESCOLAR 2021/2022
Dende o día 1 de Setembro pódese consultar a listaxe provisional de alumnado que foi admitido no comedor escolar para o curso 2021/2022. Está exposta na cristaleira do edificio administrativo.
Ábrese prazo de alegacións até o día 7 de Setembro. Ao día seguinte publicarase a listaxe definitiva de admitidos.
Clicando aquí, pódese consultar a normativa que regula o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa para o presente curso.
E premendo aquí, pódese consultar un extracto da anterior, no que se enumeran os criterios empregados para a selección do alumnado admitido no comedor. Debido a que houbo máis solicitudes de admisión ca prazas no mesmo, fíxose unha baremación atendendo a estes criterios, baseándonos únicamente na documentación presentada polas familias.
As familias do alumnado que non foi admitido neste momento, pode presentar as alegacións que considere oportunas, e incluso aportar nova documentación de ser o caso que variara a súa situación de incompatibilidade horaria. Tendo en conta estas alegacións, refarase a listaxe de usuarios admitidos e publicarase xa como definitiva o día 8 de Setembro.
O alumnado que finalmente non sexa admitido na listaxe publicada o 8 de Setembro quedará rexistrado nunha listaxe de reserva, igualmente ordeada atendendo ao cumprimento destes criterios, e poderá acceder ao comedor nesa orde, segundo vaian xurdindo vacantes, se é o caso.
Por outra banda, rogamos ás familias cuxos pequenos resultaran admitidos nesta primeira listaxe provisional e que, por calquera circunstancia decidan de maneira voluntaria renunciar á praza de comedor que se lles asignou, se poñan en contacto coa dirección do centro á maior brevidade. Destas renuncias tamén dependerá a reelaboración da listaxe definitiva de admitidos.
A dirección do centro queda á vosa disposición para a aclaración sobre calquera dúbida ao respecto.