ADMISIÓN PROVISIONAL USUARIOS COMEDOR ESCOLAR 2021/2022
Enviado por Anónimo o Ven, 03/09/2021 - 18:21ADMISIÓN PROVISIONAL USUARIOS COMEDOR ESCOLAR 2021/2022
Dende o día 1 de Setembro pódese consultar a listaxe provisional de alumnado que foi admitido no comedor escolar para o curso 2021/2022. Está exposta na cristaleira do edificio administrativo.
A dirección do centro queda á vosa disposición para a aclaración sobre calquera dúbida ao respecto.
BENVIDOS AO CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Xov, 02/09/2021 - 18:39CURSO 2021-2022
- COMEDOR ESCOLAR:Está pubicada no taboeiro do centro, no Edificio de Administración, a listaxe de usuarios admitidos no comedor escolar para o curso 2021-2022.
- REUNIÓN FAMILIAS 3 ANOS: Venres día 3 de Setembro ás 16:30 horas no comedor.
Nos próximos días recibiredes información sobre as entradas e saídas e horarios do centro así como a entrega de libros de préstamo para o alumnado que lle corresponden de 3º e 4º de Educación Primaria.
EU ALMORZO NO COLE
Enviado por Anónimo o Xov, 01/07/2021 - 07:30INSCRICIÓN NO PROGRAMA "EU ALMORZO NO COLE". Fai clic aquí para descargar o formulario de inscrición.
COMEDOR ESCOLAR 2021-22
Enviado por Anónimo o Mér, 30/06/2021 - 20:46Solicitude de praza no COMEDOR ESCOLAR para o Vindeiro Curso 2021-2022
Deberá presentar no centro a seguinte documentación:
1. ANEXO 0 + solicitude. Solicitude de praza de comedor.
2. Alumnado matriculado no CEIP A Magdalena e usuario de comedor neste curso e que queira seguir sendo usuario do comedor escolar. - Novo alumnado matriculado no CEIP A Magdalena para o curso 2021-2022 e que queira facer uso do comedor escolar. Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (fai click aquí para descargala) e presentala cuberta e asinada na Secretaría do centro en horario de 10:00h a 13:30h de luns a venres, pedindo cita previa.
Prazo: do 1 ao 16 de xullo do 2021 (Recordade que o 19 é festivo en As Pontes).
Aquí podedes ver todas as instrucións.
Solicitude de colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar
Infórmase tamén de que se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022, podes descargar aquí a túa solicitude e presentala no centro.
TRANSPORTE ESCOLAR
Tamén se pode neste período solicitar nova parada de transporte escolar ou paradas excepcionais.
LISTAXES LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22
Enviado por Anónimo o Lun, 28/06/2021 - 14:44LIBROS DE TEXTO:
Este curso non se pide libro de texto de inglés.
MATERIAL ESCOLAR:
Este material poderá completarse en setembro en función das necesidades da aula e o titor correspondente a cada unha delas.
AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS PARA O CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Xov, 10/06/2021 - 16:09AXUDAS ESCOLARES MUNICIPAIS PARA O CURSO 2021-2022 (fai click para ver o documento).
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »