DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS
Enviado por Anónimo o Sáb, 14/11/2020 - 18:37Distribución de máscaras en primaria.
NORMATIVA:
- orde 6/nov 2020 (FAI CLICK PARA VER A ORDE)
ALUMNADO DESTINATARIO:
NON ten que presentar solicitude:
Os beneficiarios da axuda de material escolar neste curso (xa se seleccionan de forma automática sen necesidade de solicitude)
SI ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar e que cumpra as condicións da orde.
PRAZO: 16 a 27 e novembro
DOCUMENTACIÓN:
PEDIR CITA PREVIA NO NÚMERO DE TELÉFONO 881930039
Pago telemático do comedor por ABALAR, ATRIGA e pago presencial en entidades bancarias
Enviado por Anónimo o Mar, 10/11/2020 - 14:24PAGO DO SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR
O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.
LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.
Pagamento TELEMÁTICO a través da páxina web do espazo ABALAR
Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.
Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicacion de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en pdf.
Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.
VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR
Pagamento TELEMÁTICO a través da Oficina Virtual Tributaria da Consellería de Facenda
O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes.
PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.
Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.
O pago da taxa efectuase na plataforma ATRIGA a través dos seguintes menús, onde deberán cumprimentar os datos que figuran na carta de pago que recibiron do centro educativo:
A continuación, a ruta é: inicial taxa Candado aberto (acceso libre ao servizo) -> Iniciar taxa.
Ver imaxes seguintes:
A continuación ábrese un formulario onde debemos cubrir, en menús despregables, os seguintes datos:
Consellería: Consellería de Educación, universidade e formación profesional
Delegación: A Coruña
Servizo: Secretaria
Taxa: 352800-Comedores escolares.
Obxecto de pago: Poñer o nome completo da persoa que fai uso do comedor e o mes que se está a pagar.
A ingresar: Poñer o importe correspondente a pagar segundo os impresos recibidos do colexio.
Premer en seguinte e continuar cos datos identificativos do pagador e premer no botón de pago telemático.
A partir de aquí, iníciase o proceso de pago telemático que debe confirmar para entrar na plataforma de pago. Nesta, debe escoller o tipo de pago telemático, o modo tarxeta e o banco co que desexa facer a transacción.
IMPORTANTE: Só pode pagar con algún dos bancos que aparecen: ABANCA, Caixa Rural Galega, Caixabank, Caja Rural de Zamora ou EVO Banco.
Se non ten conta nalgún deses bancos, tamén o pode facer, sempre que non sexa un importe superior a 50 euros e pagando unha comisión. Para iso, debe escoller calquera opción e proseguir co pago.
Unha vez efectuado o pago, ten que descargar un xustificante como o que se mostra na imaxe que segue, e envialo ao colexio.
Pagamento PRESENCIAL nas entidades bancarias colaboradoras.
Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Mar, 27/10/2020 - 09:59COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR
NECESÍTANSE 5 COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR DO CENTRO. TENDO EN CONTA OS ACORDOS DO CONSELLO DA XUNTA DO 15 DE OUTUBRO DE 2020:" AMPLÍASE EXCEPCIONALMENTE A OUTROS FAMILIARES CONVIVINTES, QUE RESIDAN NO MESMO DOMICILIO DOS MENORES COMENSAIS, A POSIBILIDADE DE COLABORAR VOLUNTARIAMENTE NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E VIXILANCIA NOS COMEDORES ESCOLARES"(PODENDO SER ADEMÁIS DOS PAIS, NAIS, TITORES LEGAIS ,TAMÉN: AVÓS, IRMÁNS,...)
INTERESADOS CHAMAR AO TELÉFONO DO CENTRO: 881930036
A compensación económica polos gastos de dedicación e desprazamentos xerados pola colaboración no comedor que percibirán os membros da comunidade escolar será de 12,50 € por día de asistencia efectiva ao comedor e o xantar.
Actividades extraescolares Abrente
Enviado por Anónimo o Ven, 16/10/2020 - 13:07A Coordinadora de Anpas ABRENTE vai ofertar, de momento, para este curso 2020-2021 as actividades: Informática, Robótica, Mecanografía (En Ensino) e Tardes Creativas (Local Abrente). As inscricións daranse nas propias aulas das actividades; no e-mail: abrentef@gmail.com; ou no Teléfono/WhatsApp: 611 066 560. Así como calquera outra información.
GRAZAS!
CALENDARIO ESCOLAR 2020-2021
Enviado por Anónimo o Sáb, 10/10/2020 - 17:55O 19 de Marzo é non lectivo por ser declarado festivo a nivel autonómico.
GUÍA DE ACTUACIÓN POR SITUACIÓNS DERIVADAS DO COVID
Enviado por Anónimo o Ven, 02/10/2020 - 15:15GUÍA DE ACTUACIÓN POR SITUACIÓNS DERIVADAS DO COVID.
Dende o CEIPP A Magdalena queremos proporcionar ás familias unha pequena guía de actuación por situacións derivadas do Covid19.
Cando un alumno ou alumna presente síntomas compatibles ao Covid19 deberá:
1 -. Non deberá asistir ao centro nin o alumno, nin os irmáns (se os tivese).
2 -. Poñerse en contacto co centro de saúde, sendo valorado por un profesional de sanidade.
3 -. Unha vez valorado o alumno, a familia deberá poñerse en contacto co centro educativo ou co coordinador do equipo Covid19 do centro.
En función desa valoración:
· Se é preciso realizar unha PCR, nin alumno nin os irmáns (se os tivese escolarizados no centro) non poderán acudir ao centro ata ter resultado negativo da proba.
· Unha vez o alumno obtén o resultado negativo, deberá permanecer no seu domicilio un período de tres días sen síntomas.
· Os irmáns do alumno poden acudir ao centro se non teñen síntomas no momento da notificación do negativo da proba.
· Cando un alumno (e irmáns) realiza unha PCR por ser contacto dun positivo, deberán permanecer na casa por un período de dez días.
· No caso de que un alumno sexa positivo, deberá seguir as indicacións do servizo do Sergas. Informarase ao centro educativo ou ao coordinador do equipo de Covid19 do centro.
É moi importante seguir estas indicacións, facilitando así un correcto funcionamento do protocolo de adaptación do centro.
A dirección do centro.
COLABORADORES COMEDOR ESCOLAR
Enviado por Anónimo o Mér, 30/09/2020 - 16:36NECESÍTANSE 5 COLABORADORES PARA O COMEDOR ESCOLAR DO CENTRO.
INTERESADOS PASAR POLA CONSERXERÍA DO CENTRO.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »