INFORMACIÓN EDIXGAL

GUÍA PARA DOCUMENTACIÓN COVID.

Número de contacto Covid:

  • Móbil: 649286877
  • Fixo: 881930036

EU ALMORZO NO COLE

Anpa Outo EUME informa: enviase o arquivo pdf para a inscrición no servizo “ Eu almorzo no cole”. Dita inscrición será enviada debidamente cumplimentada ó mail anpaoutoeume.amagdalena@gmail.com ata o sábado 12 de setembro. Os certificados de traballo ou médicos poderanse enviar ata o 25 de setembro

O servizo de almorzos comeza o luns 14 de setembro. Será necesario elexir na folla de inscrición o turno no que se vai a acceder ó dito servizo para poder garantir o aforo e as distancias de seguridade nas entradas

Para calquera dúbida poden contactar a través do número de teléfono 674 147 833

Adxúntase regulamento e inscrición actualizado do servizo.

ORGANIZACIÓN HORARIOS E ESPAZOS DE ENTRADAS E SAÍDAS

A saída dos nenos que non se quedan ao comedor escolar será en infantil ás 14:30 horas e primaria ás 14:40 horas pola mesma porta que acceden pola mañá.

No comedor sairán na quenda que os pais escolleron nas reunións de aula.

Recordade que o timbre soará unha vez a e media (1 toque/timbre), 2 veces ás 10:35 (2 toques de timbre) e de novo ás 10:40 (tres toques de timbre).

INICIO ACTIVIDADE LECTIVA 2020-21

 

  • O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil; 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
  • O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil; e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.

O horario será o ordinario para todos os cursos, agás  EI (periodo de adaptación).

O alumnado que se incorpore o día 10, tamén ten que asistir o día 11.

_________________________________________________________________________________________________________________________________________

 O XOVES 10 DE SETEMBRO ESTÁ CONVOCADA UNHA FOLGA NO ENSINO POLO QUE NON SE PODERÁ GARANTIR OHABITUAL DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE LECTIVA PARA ESA XORNADA.

 

Cubriranse os servizos mínimos que establece a Orde do 8 de Setembro de 2020.

LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-21

Están dispoñibles no centro educativo, no tablón de secretaría, as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido no comedor escolar para o próximo curso.

As listaxes poderán sufrir variacións tanto por novas matrículas con dereito como polas medidas de protección e de seguridade impulsadas pola administración educativa.

O 10 de setembro esta previsto que comece o novo curso escolar, xunto co servizo de comedor.

IMPORTANTE: Está aberto o prazo de admisión de colaboradores de comedor durante o curso 2020-21. Pódense apuntar na secretería do centro.

TRÍPTICO INFORMATIVO

 

REUNIÓNS INICIO DE CURSO

Convócase ás familias do alumnado a unha reunión no centro seguindo os horarios que se recollen na seguinte táboa da imaxe (para ver con mellor calidade fai clic aquí).

IMPORTANTE: Nas reunións de familias solicitarase aos usuarios de comedor que concreten a hora de recollida dos seus fillos/as despois do servizo de comedor, para facilitar a organización do centro(Protocolo COVID19).Podes ver os horarios de saída no seguinte documento: HORARIOS DE SAÍDAS.

IMPORTANTE: Só pode asistir un familiar por neno/a. 

MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020-2021

CURSO 2020-21

LISTAXES MATERIAL ESCOLAR:

- 4º Educación infantil (3 anos).

- 5º Educación infantil (4 anos).

- 6º Educación infantil (5 anos).

- 1º Educación primaria.

- 2º Educación primaria.

- 3º Educación primaria.

- 4º Educación primaria.

- 5º Educación primaria.

- 6º Educación primaria.

Recordade que na publicación das listas de libros de finais de curso está o listado de cuaderniños de 4° de Educación Infantil e os de inglés de 3° e 4° de Educación Primaria. Listado destes cadernos no adxunto.

CONVOCATORIA AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN DO CONCELLO

O Concello das Pontes de García Rodríguez vén de convocar as AXUDAS ÁS FAMILIAS PARA A ESCOLARIZACIÓN DOS SEUS FILLOS para o vindeiro curso. Pódese ver a información e descargar o impreso premendo aquí.

Fondo de libros e material escolar.

Xa están dispoñibles para recoller no centro  os vales para adquirir libros de texto (1º e 2º) e vales de material escolar (1º a 6º).

Horario de recollida: Do 2 ao 10 de xullo de 2020 en horario de 10 a 13:00 horas. 

Importante traer boli propio para asinar ou cubris os documentos correspondentes.

Tamén están publicadas no taboleiro da entrada do edificio de dirección as listaxes provisionais de fondo de libros .

Actualizamos os plazos:

- Publicación de listaxes provisionais: 2/07/2020

- Reclamación ás listaxes provisionais: ata o 7/07/2020

- Publicación de listaxes definitivas: 8/07/2020.

O listado de material funxible do centro sacarase en setembro (situación COVID-19). Só hai listado de cuaderniños de infantil (4º Educación infantil) e Cuadernos de inglés (3º e 4º de Educación Primaria). Podes descargar o listado no seguinte enlace: Cadernos curso 2020-2021.

Distribuir contido