GUÍA DE ACTUACIÓN POR SITUACIÓNS DERIVADAS DO COVID

GUÍA DE ACTUACIÓN POR SITUACIÓNS DERIVADAS DO COVID.

Dende o CEIPP A Magdalena queremos proporcionar ás familias unha pequena guía de actuación por situacións derivadas do Covid19.

Cando un alumno ou alumna presente síntomas compatibles ao Covid19 deberá:

1 -. Non deberá asistir ao centro nin o alumno, nin os irmáns (se os tivese).

2 -. Poñerse en contacto co centro de saúde, sendo valorado por un profesional de sanidade.

3 -. Unha vez valorado o alumno, a familia deberá poñerse en contacto co centro educativo ou co coordinador do equipo Covid19 do centro.

 

En función desa valoración: 

·  Se é preciso realizar unha PCR, nin alumno nin os irmáns (se os tivese escolarizados no centro) non poderán acudir ao centro ata ter resultado negativo da proba.

 · Unha vez o alumno obtén o resultado negativo, deberá permanecer no seu domicilio un período de tres días sen síntomas.

 · Os irmáns do alumno poden acudir ao centro se non teñen síntomas no momento da notificación do negativo da proba.

 · Cando un alumno (e irmáns) realiza unha PCR por ser contacto dun positivo, deberán permanecer na casa por un período de dez días.

 · No caso de que un alumno sexa positivo, deberá seguir as indicacións do servizo do Sergas. Informarase ao centro educativo ou ao coordinador do equipo de Covid19 do centro.

É moi importante seguir estas indicacións, facilitando así un correcto funcionamento do protocolo de adaptación do centro.

 

A dirección do centro.