Matrículas curso 2021-2022
Enviado por Anónimo o Lun, 31/05/2021 - 16:11Documentación a aportar no plazo de matrícula do 1 ao 20 de xuño (só alumnado novo no centro):
FONDO LIBROS 2021-2022
Enviado por Anónimo o Xov, 20/05/2021 - 13:19FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2021-2022
No DOG do 20 de maio de 2021 saiu publicada a Orde do 6 de maio de 2021 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquiri libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o vindeiro curso escolar 2021/2022.
NORMAS XERAIS
- O prazo de presentación de solicitudes será do 21 de maio ao 22 de xuño.
- So se presentará unha única instancia para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2021/2022.
- A solicitude pódese cumplimentar das senguintes maneiras:
- Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código do procedemento ED330B) ou de xeito presencial no propio centro.
- De xeito manual, recollendo o modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace ANEXOS
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
- Anexo I (deberá ser asinada polos dous proxenitores)
- Anexo II para a comprobación dos membros computables da unidade familiar.
- Copia do libro de familia
- En caso de separación ou divorcio deberase achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
PRAZOS
- 22 de xuño. Data límite para a entrega dos libros do fondo emprestados neste curso 2020/2021.
- 28 de xuño. Publicación da resolución provisional.
- 29 e 30 de xuño.Período de reclamación á adxudicación provisional.
- 01 de xullo.Publicación da relación definitiva.
- 2 ao 9 de xullo.Entrega dos vales de libros e material aos solicitantes que teñen dereito.
- Primeiros días de setembro. Entrega dos libros asignados ao alumnado.
XELA ARIAS. LETRAS GALEGAS 2021
Enviado por Anónimo o Ven, 14/05/2021 - 13:35Cómic elaborado polo alumnado de 5º de Educación Primaria (Cómic en pdf).
Cómic de Xela Arias. Alumnado 5º Educación Primaira. CEIP Plurilingüe A Magdalena
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena/system/files/comic.ppt
VISITA SOTAVENTO.
Enviado por Anónimo o Lun, 03/05/2021 - 13:20O pasado martes, mércores e xoves tivemos a sorte de contar coa visita de SOTAVENTO ao alumnado de 5º e 6º de Educación infantil e 1º de Educación Primaria. Unhas xornadas moi interesantes que nos abriron as portas ao máxico mundo da ciencia.
MOITAS GRAZAS!!
LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2021-2022
Enviado por Anónimo o Lun, 26/04/2021 - 11:044º Educación infantil: todos/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.
1º Educación primaria: todos/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.
2º Educación primaria: todos/as solicitantes están ADMITIDOS/AS.
As listaxes ó poden expoñerse dentro do centro cumprindo a normativa relativa á Lei de Protección de datos. Tamén poden consultar o estado da solicitude de maneira telemática, única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave 365 ou certificado dixital.
Atentos ao mes de Xuño na que é obrigatorio facer a matrícula e a solicitude de praza para comedor escolar.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »