COMEDOR ESCOLAR 2021-22
Solicitude de praza no COMEDOR ESCOLAR para o Vindeiro Curso 2021-2022
Deberá presentar no centro a seguinte documentación:
1. ANEXO 0 + solicitude. Solicitude de praza de comedor.
2. Alumnado matriculado no CEIP A Magdalena e usuario de comedor neste curso e que queira seguir sendo usuario do comedor escolar. - Novo alumnado matriculado no CEIP A Magdalena para o curso 2021-2022 e que queira facer uso do comedor escolar. Deberedes cubrir a AUTODECLARACIÓN (fai click aquí para descargala) e presentala cuberta e asinada na Secretaría do centro en horario de 10:00h a 13:30h de luns a venres, pedindo cita previa.
Prazo: do 1 ao 16 de xullo do 2021 (Recordade que o 19 é festivo en As Pontes).
Aquí podedes ver todas as instrucións.
Solicitude de colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar
Infórmase tamén de que se abre o prazo de admisión de membros da comunidade educativa do centro como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022, podes descargar aquí a túa solicitude e presentala no centro.
TRANSPORTE ESCOLAR
Tamén se pode neste período solicitar nova parada de transporte escolar ou paradas excepcionais.