Entroido 2023 - Mundo de cores
Enviado por suso o Mér, 01/03/2023 - 20:24INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO 2023/2024
Enviado por Anónimo o Mér, 01/03/2023 - 10:28PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024
PRAZO DE SOLICITUDE: DO 1 AO 20 DE MARZO
SOLICITUDE:
Impreso de Solicitude debidamente cumprimentado e asinado polos dous proxenitores, (modelo ED550B) podes descargalo aquí, pedilo no centro ou a través da aplicación admisiónalumnado (Seguindo os seguintes pasos: Solicitudes >Admisión>Crear)
DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR COA SOLICITUDE:
1. Fotocopias do libro de familia:
- da folla de inscrición do neno/a.
- da folla de inscrición do matrimonio ou titulares do mesmo.
- da folla de inscrición dos irmáns matriculados no Centro.
2. Fotocopia dos DNIs:
- do alumno (si o ten)
- de ambos os dous proxenitores
3. Informe médico.
4. Fotocopia da cartilla de vacinacións.
5. Fotocopia da tarxeta do seguro médico.
6. Certificado de convivencia expedido polo Concello e que acredite o domicilio de todos os membros da unidade familiar.
7. Tres fotografías tamaño carné
8. Convenio Regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, de ser o caso.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
- Só se pode presentar unha única solicitude e será no centro no que se solicita a praza en primeiro lugar. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio de prazo de presentación de solicitudes de admisión.
NECESIDADE DE BAREMACIÓN
No suposto de que exista máis demanda que oferta de postos escolares, abrirase un prazo de 10 día hábiles, contados a partir dos dous días seguintes ao remate do prazo, para presentar a documentación xustificativa dos criterios de baremación alegados.
NORMATIVA
O proceso de admisión do alumnado para o curso 2023-2024 ven regulado na seguinte normativa:
- Decreto 13/2022, do 03 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.
- ORDE do 21 de outubro de 2022, polo que se desenvolve o decreto 13/2022.
- Listaxe publicación de admitidos: 24 de Abril.
- Prazo de reclamación á listaxe provisional: 5 días hábiles dende o seguinte á publicación da listaxe provisional.
- Listaxe definitiva: 15 de maio.
- Matrícula: previsiblemente do 20 ao 30 de xuño.
Xornada de Portas Abertas 2023
Enviado por suso o Lun, 06/02/2023 - 20:37POLO BEN DE TOD@S
Enviado por evablanco o Ven, 13/01/2023 - 14:40Deixámosvos información sobre a Sarna, enfermidade contaxiosa que está a cobrar relevancia a nivel nacional nestes momentos.
Preme AQUÍ para acceder ao arquivo adxunto.
Información proporcinada polo servizo de pediatría de As Pontes.
Bo Nadal e Próspero 2023!
Enviado por Anónimo o Mér, 21/12/2022 - 23:04Protocolo de comedor escolar 2022 - 2023
Enviado por evablanco o Lun, 19/12/2022 - 15:16Na pasada xuntanza de consello escolar vimos de aprobar o protocolo de funcionamento de comedor para o presente curso.
Deixámosvos acceso ao mesmo, así como un tríptico informativo, que resume as cuestións principais.
Clicando nas seguintes ligazóns poderanse descargar documentos mencionados:
Campamentos de nadal do Concello de As Pontes. Nadal 2022-2023
Enviado por Anónimo o Mér, 07/12/2022 - 10:24- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »