Charanga @s Magdalen@s
Enviado por suso o Lun, 22/01/2024 - 21:17Bo Nadal e feliz 2024
Enviado por suso o Sáb, 23/12/2023 - 14:03Querida comunidade do CEIPP A Magdalena, queremos desexarvos unhas felices festas e un próspero ano 2024 en compañía dos vosos seres queridos. Este 2023 foi de grandes retos e desafíos, pero tamén de grandes logros. Traballamos xuntos para superar as dificultades e avanzar no noso camiño de aprendizaxe e crecemento. Queremos agradecervos a tod@s o voso esforzo e compromiso. Grazas a vós, o CEIPP A Magdalena é unha comunidade forte e unida.
Que o amor, a saúde e a alegría reine nos vosos fogares. E que o 2024 sexa un ano de éxitos e felicidade para tod@s. A continuación podedes ver algunhas das felicitacións realizadas pol@s alumn@s con axuda d@s profes
Recomendacións para a carta ao Apalpador
Enviado por suso o Sáb, 23/12/2023 - 13:20Música visual en Samaín 2023
Enviado por suso o Mar, 07/11/2023 - 17:00O pasado día 31 de octubre o CEIP a Magdalena púxose festivo y terrorífico para celebrar o Samaín. Dende a aula de música tamén quixemos formar parte da festa dunha forma artística e creativa capturando algúns momentos para compartir con todo o entorno educativo. Desexo que vos guste!!
Premede na cámara.
Samaín - Halloween 2023
Enviado por suso o Lun, 06/11/2023 - 18:50Durante a semana do 30 de outubro ao 3 de novembro celebramos no cole o Samaín/Halloween con distintas actividades:
1- Contacontos.- Algúns nenos/as de sexto léronlles contos de medo aos nenos/as de infantil e 1º de primaria na biblioteca e na aula temática.
2- A bruxa Quitamedos.- A bruxa Quitamedos recolleu todos os nosos medos, prepararou un conxuro para facelos desaparecer. Grazas, bruxa Quitamedos!!!
3- Horror experience.- Na aula temática pasamos unha xornada de medo e de adiviñas en inglés coa axuda de Aja, a nosa auxiliar de conversa.
4- Break out.- Tamén na aula temática o alumnado de 3º a 6º de primaria resolveron o estrano caso do esqueleto Eustaquio utilizando códigos QR, tabletas e escornabots sresolveron os enigmas matemáticos para axudar a Eustaquio.
E todo isto cunha ambientación do máis terrorífica con todos os monstros, apócemas, bruxas e lápidas que trouxeron os nenos e nenas ao cole. Grazas a todos polas vosas aportacións!
PAGOS DO SERVICIO DE COMEDOR ESCOLAR
Enviado por suso o Mar, 03/10/2023 - 22:43O pagamento da carta de pago recibida do centro educativo, deberá ser aboada ata o día 20 do mes no que reciben a dita carta de pago, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.
LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:40 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.
1) PAGAMENTO TELEMÁTICO: PÁXINA WEB DO ESPAZO ABALAR
Para poder acceder a este servizo electrónico, deben acceder polo ESPAZO ABALAR da WEB de ABALAR a través do navegador Microsoft Internet Explorer, e deben dispoñer dun DNI electrónico ou dun CERTIFICADO DIXITAL da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). O acceso efectúase a través deste enderezo, premendo no botón “ACCESO AOS SERVIZOS”.
Unha vez feito o pagamento a través de ABALAR, recibimos notificación electrónica e non é necesario aportar xustificante de pago, xa que é recollido na nosa aplicación de COMEDORES ESCOLARES, polo que nesta modalidade de pago non se precisa achegar xustificante de pago en papel ou en .pdf
Lamentablemente a APP móbil ABALAR de ANDROID e IOS non permite esta funcionalidade.
VÍDEO EXPLICATIVO DO PAGO POR ABALAR
2) PAGAMENTO TELEMÁTICO: OFICINA VIRTUAL TRIBUTARIA DA CONSELLERÍA DE FACENDA
MANUAL PAGO DE COMEDOR A TRAVÉS DESTE MÉTODO
O acceso a esta modalidade de pago faise sen necesidade de certificado dixital nin DNI electrónico, de xeito telemático, copiando os datos que figuran na carta de pago que se lles envía cada mes.
PREGÁMOSLLES NON FAGAN O PAGO ATA QUE RECIBAN A CARTA DE PAGO, PARA EVITAR ERROS NA CANTIDADE DE DÍAS A ABOAR.
Para empregar a aplicación ATRIGA da Consellería de Facenda, deberán activar a opción do navegador Chrome ou Mozilla Permitir POP-UPS ou ventás emerxentes.
3) PAGAMENTO PRESENCIAL NAS ENTIDADES BANCARIAS COLABORADORAS
Unha vez feito o pago na entidade bancaria, deberán presentar no centro educativo a folla etiquetada “copia para a Administración”, co garimbo ou mecanización da entidade bancaria. Sinalar que as entidades bancarias non nos remiten notificación destos pagos.
Inauguración Biblioteca 2023-24
Enviado por suso o Ven, 29/09/2023 - 09:48Equipo Directivo: horario de atención ao público 2023-2024
Enviado por suso o Mér, 27/09/2023 - 18:28Instrucións INCIO DE CURSO 2023/2024
Enviado por suso o Lun, 11/09/2023 - 22:15Instrucións para facilitar o fluxo de persoas no recinto:
1. O alumnado que traia material pesado os primeiros días de clase aconsellamos que veña nomeado e embolsado. Os acompañantes dos alumnos transportarán as bolsas a ambas conserxerías. De infantil ata 2º de primaria, na conserxería do edificio admnistrativo e de 3º a 6º de primaria depositarán o material nomeado na conserxería do Edificio B. Esta instrución será aplicada en caso de que os/as titores/as NON desen explicacións previas a cerca desta circunstancia.
2. Pola mañá débese respectar e facilitar a entrada ao recinto do alumnado que chega en transporte, evitando facer tapóns diante do portal peonil. Da mesma maneira, facilitar a entrada dos vehículos ao aparcamento até as 09:35.
3. Ás 9:35 soará un timbre, que sinalará a “apertura de portas” o momento no que se poderá comezar a acceder ao recinto. Respectarase este timbre, agás que os mestres de garda dean outras instrucións.
4. Os acompañantes do alumnado de 4º e 5º de infantil con irmáns en 1º/2º poderán entrar no recinto con todos os nenos/as ao mesmo tempo, deixar aos de 1º/2º na porta principal sen deterse moito nesta zona e continuar cara á entrada de infantil diante do ximnasio. Á volta de entregar aos nenos/as de infantil, pregamos non se deteñan tampouco demasiado diante da entrada principal e que se encamiñen á saída, para favorecer a entrada do alumnado de 6º de infantil que se produce a continuación.
5. O alumnado de 6º de infantil accederá ao recinto unha vez que o de 1º / 2º entre no edificio.
6. O alumnado de 1º/2º sen irmáns máis pequenos, entrará só ao recinto. No portal peonil haberá profesorado de garda que os recibirá e encamiñará cara á súa entrada. Os acompañantes destes nenos/as facilitarán a entrada do alumnado de 6º de infantil que se produce a continuación evitando na medida do posible, atascar os portais exteriores.
7. Aviso importante para usuarios de comedor. O horario deste servizo será de 14.40 a 15.30 h. A hora de despois (é dicir, de 15.30 a 16.40 h.) é exclusivamente para usuarios de transporte, actividades extraescolares e familiares que demostren a incompatibilidade horaria para recoller aos seus fillos/as.
8. O alumnado de 5º e 6º pode abandoar o centro sen acompañante soamente se os seus responsables así o autorizan e polo tanto, non se lles permitirá facelo ata que o centro conte coa devandita autorización por escrito. Entregarase esta autorización o primeiro día lectivo.
Premendo na imaxe para ver/descargar a imaxe que se insire a continuación.
COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE 2023/2024
Enviado por evablanco o Mar, 04/07/2023 - 20:52
Publicadas as instruccións (clica AQUÍ para acceder a elas) sobre o desenvolvemento dos comedores escolares durante o curso escolar 2023/2024, ábrese o prazo para:
- Solicitar praza de comedor. O prazo para solicitar praza de comedor abranguerá os días comprendidos entre o 5 e o 14 de xullo, ambos incluídos. Podedes descargar o impreso de solicitude clicando AQUÍ. Recomendamos encarecidamente ler as instrucións da segunda páxina e empregar o aplicativo oficial da Xunta para calcular o importe da taxa que corresponde pagar segundo a renda familiar. Podedes acceder a esta calculadora de taxas clicando AQUÍ.
- Solicitar ser colaborador/a de comedor. O prazo para solicitar a colaboración no comedor estará aberto dende o día 5 de xullo ata o 1 de setembro, a non ser que non se cubran todas as prazas, caso no que quedará aberto até o 21 de decembro. Podedes descargar o impreso de solicitude de colaboración clicando AQUÍ.
Poderedes realizar estes trámites na administración do centro de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00 horas. Alí poderedes recoller os impresos ou ben, descargalos directamente clicando nas ligazóns de máis arriba.
Recordade revisar que os impresos estén debidamente asinados antes de entregalos, así como aportar toda a documentación requirida.
Previsiblemente, a listaxe provisional de admitidos e de reserva publicarase o 18 de Xullo a última hora da mañá na porta de entrada do edificio administrativo e, logo dos 5 días dispoñibles dende esta publicación para realizar as alegacións correspondentes, o 27 de Xullo publicarase a definitiva.
Estamos en prazo ademáis de solicitude de novas paradas de transporte escolar para usuarios lexítimos do mesmo, é dicir, aqueles cuxo domicilio estando ubicado dentro da área de escolarización desde centro, está a máis de 2 km do CEIPP A Magdalena. O prazo estará aberto até o 7 de xullo. Recordamos que os usuarios non lexítimos, aqueles cuxo domicilio estea a menos de 2 km do centro, que queiran solicitar uso excepcional do transporte para o vindeiro curso, terán que cubrir ESTE IMPRESO e entregalo na dirección do centro. Tamén se poderá solicitar na secretaría ou dirección.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »