Instrucións INCIO DE CURSO 2023/2024
Instrucións para facilitar o fluxo de persoas no recinto:
1. O alumnado que traia material pesado os primeiros días de clase aconsellamos que veña nomeado e embolsado. Os acompañantes dos alumnos transportarán as bolsas a ambas conserxerías. De infantil ata 2º de primaria, na conserxería do edificio admnistrativo e de 3º a 6º de primaria depositarán o material nomeado na conserxería do Edificio B. Esta instrución será aplicada en caso de que os/as titores/as NON desen explicacións previas a cerca desta circunstancia.
2. Pola mañá débese respectar e facilitar a entrada ao recinto do alumnado que chega en transporte, evitando facer tapóns diante do portal peonil. Da mesma maneira, facilitar a entrada dos vehículos ao aparcamento até as 09:35.
3. Ás 9:35 soará un timbre, que sinalará a “apertura de portas” o momento no que se poderá comezar a acceder ao recinto. Respectarase este timbre, agás que os mestres de garda dean outras instrucións.
4. Os acompañantes do alumnado de 4º e 5º de infantil con irmáns en 1º/2º poderán entrar no recinto con todos os nenos/as ao mesmo tempo, deixar aos de 1º/2º na porta principal sen deterse moito nesta zona e continuar cara á entrada de infantil diante do ximnasio. Á volta de entregar aos nenos/as de infantil, pregamos non se deteñan tampouco demasiado diante da entrada principal e que se encamiñen á saída, para favorecer a entrada do alumnado de 6º de infantil que se produce a continuación.
5. O alumnado de 6º de infantil accederá ao recinto unha vez que o de 1º / 2º entre no edificio.
6. O alumnado de 1º/2º sen irmáns máis pequenos, entrará só ao recinto. No portal peonil haberá profesorado de garda que os recibirá e encamiñará cara á súa entrada. Os acompañantes destes nenos/as facilitarán a entrada do alumnado de 6º de infantil que se produce a continuación evitando na medida do posible, atascar os portais exteriores.
7. Aviso importante para usuarios de comedor. O horario deste servizo será de 14.40 a 15.30 h. A hora de despois (é dicir, de 15.30 a 16.40 h.) é exclusivamente para usuarios de transporte, actividades extraescolares e familiares que demostren a incompatibilidade horaria para recoller aos seus fillos/as.
8. O alumnado de 5º e 6º pode abandoar o centro sen acompañante soamente se os seus responsables así o autorizan e polo tanto, non se lles permitirá facelo ata que o centro conte coa devandita autorización por escrito. Entregarase esta autorización o primeiro día lectivo.
Premendo na imaxe para ver/descargar a imaxe que se insire a continuación.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Entradas e Saídas.jpg | 655.41 KB |