Samaín - Halloween 2023

Durante a semana do 30 de outubro ao 3 de novembro celebramos no cole o Samaín/Halloween con distintas actividades:

1- Contacontos.- Algúns nenos/as de sexto léronlles contos de medo aos nenos/as de infantil e 1º de primaria na biblioteca e na aula temática.
2- A bruxa Quitamedos.- A bruxa Quitamedos recolleu todos os nosos medos, prepararou un conxuro para facelos desaparecer. Grazas, bruxa Quitamedos!!!
3- Horror experience.- Na aula temática pasamos unha xornada de medo e de adiviñas en inglés coa axuda de Aja, a nosa auxiliar de conversa.
4- Break out.- Tamén na aula temática o alumnado de 3º a 6º de primaria resolveron o estrano caso do esqueleto Eustaquio utilizando códigos QR, tabletas e escornabots sresolveron os enigmas matemáticos para axudar a Eustaquio.

E todo isto cunha ambientación do máis terrorífica con todos os monstros, apócemas, bruxas e lápidas que trouxeron os nenos e nenas ao cole. Grazas a todos polas vosas aportacións!