Campamentos de verán
Convocatoria de prazo para a inscrición da actividade “Campamentos Urbanos de Verán
2022”, para a realización de actividades lúdico-educativas dirixidas ás crianzas do Concello das
Pontes, durante os períodos de vacacións que permitan ás familias a súa promoción social e laboral.
A actividade vaise desenvolver, nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro en días
laborables.
Os obradoiros van dirixidos ós nenos e as nenas nados entre 2.010 e 2.019 do Concello das
Pontes, habendo un total de 30 prazas para os meses de xuño e setembro e 70 prazas para os meses
de xullo e agosto.
O lugar de inscrición será no Rexistro Municipal do Concello, previa cita, desde o 13 ao
31 de maio, en horario de 8:30 a 13:30 h, no rexistro municipal.
Tamén poderá enviarse a inscrición e a documentación a través da sede electrónica:
http://sede.aspontes.com/es/index.html, comezando o prazo o día 13 de maio ás 00.00 e rematando
o prazo o 31de maio ás 14.00 horas.