abalarMobil
Estimadas familias:
Dende o centro vemos a necesidade de que todos teñades instalado nos dispositivos móbiles a aplicación “AbalarMobil”antes da vindeira semana. Descárgase fácilmente como calquera outra aplicación dende o Play Store ou tenda de Apple. A partir de ahí farase algunha comprobación dende as titorías para saber que funciona correctamente. Se alguén atopa dificultades ou non pode rematar o proceso de instalación e chegar ás pantallas de comunicacións/ distintos apartados que aparecen, pídese que nolo fagades saber a través do correo do colexio ceip.magdalena@edu.xunta.es (especificar datos do alumno, número de teléfono onde se descarga, unidade familiar pai ou nai e o aviso ou erro que aparece de ser o caso) ou chamando á Unidade de Atención a centros (uac) no Tel.: 881 99 77 01 para tentar solucionalo na medida do posible.
Tende en conta que os docentes non temos aplicación e funciona distinto que para as familias, non desesperedes neste tipo de comunicación.
Gracias de antemán e a seguir con ánimo!
Deberíades ver algo así:
Achégase máis información da aplicación por se resulta de interese no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil