NOTA INFOMATIVA. 2ª AVALIACIÓN CURSO 2019/2020
Enviado por Anónimo o Lun, 30/03/2020 - 09:25
Estimadas familias: Atendendo ás últimas instrucións da Consellería de Educación, o vindeiro venres 3 de abril publicaranse as notas da 2ª avaliación a través da aplicación abalarMóbil (ver anterior aviso nesta web). Se houbese algún problema coa aplicación e non puidérades acceder ás cualificacións poñédevos en contacto co centro a través do correo ceip.magdalena@edu.xunta.es ou en contacto co titor/a do voso fillo/a e enviaranse as notas por outro medio. Un saúdo e moito ánimo.