REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EDUCACION INFANTIL E PRIMARIA, DO DÍA 11 AO 18 DE MAIO DE 2020.
NOVAS MATRÍCULAS (non matriculado antes no centro).
O HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO SERÁ DE 10 H A 13:00 HORAS CONCERTANDO UNHA CITA PREVIA A TRAVÉS DOS TELÉFONOS: 881930036 e 881930037 OU CO CORREO ELECTRÓNICO: ceip.magdalena@edu.xunta.es
Podes cubrir a túa solicitude de admisión a través da web, descargar este impreso e entregalo no centro ou coller copia no centro.
OFERTA DE POSTOS ESCOLARES
Publicamos a continuación a relación de postos escolares ofertados segundo a normativa vixente ao respecto.
PREVISIÓN DE VACANTES PARA O CURSO 2020/2021
NIVEL EDUCATIVO |
PRAZAS |
ALUMNADO MATRICULADO PARA PRÓXIMO CURSO |
VACANTES PARA 2020-2021 |
4º ED. INFANTIL |
50 |
0 |
50* |
5º ED. INFANTIL |
50 |
48 |
2 |
6º ED. INFANTIL |
50 |
48 |
2 |
1º ED. PRIMARIA |
50 |
49 |
1* |
2º ED. PRIMARIA |
50 |
36 |
14 |
3º ED. PRIMARIA |
50 |
50 |
0 |
4º ED. PRIMARIA |
50 |
46 |
4 |
5º ED. PRIMARIA |
50 |
43 |
7 |
6º ED. PRIMARIA |
50 |
41 |
9 |
* Segundo a normativa vixente, nos niveis de 4º de Educación Infantil e 1º de Educación Primaria hai que reservar 3 prazas por aula para alumnado de NEAE.
Recordade as normas de seguridade en relación ao COVID 19.
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.
2. Novos prazos do procedemento.
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
admisión_gal.pdf | 1.13 MB |