AXUDAS LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2020-2021
As solicitudes poderán presentarse das seguintes formas:
- Preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal - Procedemento ED330B ( https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2020&numpub=1&lang=es )
- No centro, de maneira presencial, recollendo no centro os anexos I e II, ou imprimindoos (podes descargar os documentos aquí) e entregándoos no colexio.
No DOG do 19 de maio de 2020 saiu publicada a Orde do 12 de maio de 2020 (EXTRACTO) pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinados ao alumnado matriculado en Educación Primaria, educación secundaria obligatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2020/2021.
1. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Destinado ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria (5º e 6º neste caso non solicitan xa que terán E-dixgal).
2. AXUDA PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO
Destinado ao alumando de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial. Para rendas per cápita do ano 2018 iguales ou inferiores a 10.000€
3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
Destinado ao alumnado de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria. Para rendas per cápita do ao 2018 iguales ou inferiores a 6.000€
NORMAS XERAIS
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 19 de xuño de 2020, inclusive.
A instancia será única para todos os fillos e fillas admitidos no mesmo centro para o curso 2020-2021, presentándose preferiblemente por vía electrónica. Poderase cumplimentar das seguintes maneiras:
- Na Aplicación Fondolibros, xerando así un número de solicitude e realizando a presentación ben na sede electrónica da Xunta de Galicia, ben de xeito presencial no propio centro.
- De xeito manual, recollendo modelo na secretaría do centro ou a través deste enlace ANEXOS
PODES MIRAR AQUÍ O MANUAL DO USUARIO
NO SEGUINTE ENLACE PODES VER AS INSTRUCCIÓNS
Documentación para a presentación:
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a)Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia onde figure o alumno e todos os demais membros computables da unidade familiar. Nos casos en que non teñan libro de familia ou este non reflicta a situación a 31 de decembro de 2018, poderán acreditar o número de membro utilizando, entre outros, algún dos seugintes medios: sentenza xudicial de sepración/divorcio, certificado de convivencia, informe de servicios sociais...)
A instancia única pode presentarse para:
1. PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DESDE 3º A 6º DE PRIMARIA
Para ser beneficiario do fondo de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto emprestados no curso 2019-2020.
Teranse en conta ás seguintes datas:
- Ata o 19 de xuño. Devolución nas respectivas aulas do centro dos libros emprestados.
- 01 de xullo. Publicación da relación provisional cos libros adxudicados.
- 02 e 03 de xullo. Período de reclamación á adxudicación provisional.
- 06 de xullo. Publicación da relación definitiva de adxudicacións.
- Primeiros días de clase de setembro. Entrega dos libros asginados do alumnado.
2. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISIÓN DE LIBROS
Para o alumnado de 1º e 2º de Primaria.
- Do 01 ao 06 xullo. Entregarase o Vale de libros aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.
3. SOLICITAR AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
- Do 01 ao 06 de xullo. Entregarase o Vale para material aos solicitantes que teñen dereito ao mesmo.
A soliciturde deberá estar asinada pola pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da oonvocatoria, cumpre os requisitos esixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto recibidos.
PARA MÁIS INFORMACIÓN PODE PREGUNTAR NA SECRETARÍA DO CENTRO OU NA WEB DA XUNTA DE GALICIA PREMENDO NO SEGUINTE ENLACE