Na clase dos pequenos de A Laxe xa realizamos diversas actividades dentro do programa de Educación Responsable para traballar a resolución de dificultades que nos podemos atopar no día a día, ademais da toma de decisións, e tamén elaboramos a nosa fábrica de bicos para traballar as emocións.
As actividades realizadas neste senso permitíronnos traballar aspectos do desenvolvemento afectivo como a identificación e expresión emocional, a empatía e a autoestima; do desenvolvemento cognitivo, como o autocontol, a toma de decisións e actitudes positivas hacia a saúde; e tamén do desenvolvemento social, como habilidades de interacción, de autoafirmación e de oposición.
Este curso os nenos e nenas de infantil realizamos varias actividades dentro de LEE (Lectura e emocións) coas que coñecimos a un mago e desfrutamos da lectura de dous libros "Historia de ratones" y "No te vayas", ademais de elaborar o noso emociómetro.