Iniciar sesión: Acceso

EDU.SAÚDE

CHARLA SOBRE HIXIENE BUCAL

Esta semana tivemos a sorte de contar con María Soto, da clínica dental do mesmo nome, que nos veu falar da hixiene bucal e da súa importancia. Pero non veu soa, trouxo a dous amigos seus e un deles era o Ratonciño Pérez!! Pero aínda houbo máis, recibimos un agasallo para poder manter a nosa boca limpa.

Moitas grazas!!!

LIBRO DE RECEITAS

Xa temos elaborado o libro coas receitas saudables que viñeron a realizar con nós as familias dos nenos e nenas de infantil. Moitisimas grazas!!!

OBRADOIRO SOBRE A CELIAQUIA

Este curso contamos coa visita de Oso Pandoso que nos veu falar da historia de Mariña, unha nena celíaca. Da súa man puidemos coñecer que alimentos non poden tomar as persoas alérxicas ao gluten e que lles pasa se o toman.

RECEITAS SAUDABLES EN FAMILIA

   Este curso escolar en infantil estamos a levar a cabo a actividade de "Cociñando en familia" grazas á cal as familias veñen a cociñar con nós receitas saudables. Ata o momento fixemos torradas de animais con froitas e biscoito.

  Moitas grazas familias!!!

RECEITAS SAUDABLES DE SAMAÍN

   

   Este ano celebramos o Samaín cunha receita terrorífica, pero ao mesmo tempo saudable.

Distribuir contido