Xa tedes á vosa disposición nos documentos adxuntos
o listado de material para o curso 2021-2022.
O centro ofertará aquelas actividades seleccionadas pola maioría a partir do 4 outubro do 2021 ata o 31 de maio do 2022 polo que é importante que escollades un MÁXIMO de 4 actividades.
Agradeceríamos que cubrísedes o seguinte formulario antes do día 13 de xuño de 2021.
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
- Secretaría
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR
Na Orde 6 de maio de 2021 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especialen centros sotidos con fondos públicos, para o curso escolar 21/22.
BENEFICIARIAS
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galiciasostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundariaobrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeirada orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E. Primaria , ESO e EE.
PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
- De xeito telemático: Enlace á web.
- De xeito presencial: Deberán presentarse na Secretaría do colexio.
Recorden que deben acudir ao centro con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridadee as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridade de todas as persoas.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 22 de xuño de 2021.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS
As listas provisionais publicaranse o día 1 de xullo no taboleiro do centro.
PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS
O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 2 e 5 de xullo.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS
As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.
RECOLLIDA DOS VALES
As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar cando sean chamadas por teléfono.
Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º de Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases.
Nova app para xestionar os almorzos e comidas do alumnado. Ver documentos adxuntos e se tedes algunha dúbida chamade á empresa adxudicatoria "SERUNIÓN"