Iniciar sesión: Acceso

SAMAÍN 2021 A LAXE

O PASADO VENRES 29 DE OUTUBRO CELEBRAMOS O NOSO SAMAÍN!

COMPARTIMOS OS VÍDEO-RELATOS EN FAMILIA E UN PEQUENO RESUMO DA NOSA

MAÑÁ TERRORÍFICA!

GRAZAS FAMILIAS POR PARTICIPAR!

CARREIRA ENKI 2021

#EUXOGOCONENKI

O pasado martes 19 de outubro, celebramos no cole a Carreira ENKI.

Damos as grazas a Fundación Abrente, alumnado e familias!

Sen vós non sería posible! 

SAMAÍN 2021

O VINDEIRO VENRES 29 CELEBRAMOS SAMAÍN!

EU XOGO CON ENKI

RisaO VINDEIRO MARTES 19 DE OUTUBRO...APUNTÁMONOS A XOGAR CON ENKI NO COLEXIO!

A Fundación Abrente é unha organización sen ánimo de lucro que traballa entre outras cousas, na inclusión das persoas con diversidade funcional a través do deporte.

A carreira ENKI é unha cita única en Galicia. Nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

A carreira ten unha modalidade escolar, e este ano APUNTÁMONOS!

Será o vindeiro martes 19 de outubro en horario escolar , e para poder levala a cabo, necesitamos a vosa colaboración.

A carreira ten un fin solidario, polo que os nenos que queira participar cun dorsal e colaborar na recaudación de fondos para o proxecto que a promove, deberán aboar 1€. Esto é totalmente voluntario, xa que todo o alumnado participará, pero repito que soamente levará dorsal o alumnado que aporte o euro.

Por outra banda, osa pais e nais que queiran colaborar na organización da mesma, e poidan vir esa mañá a formar parte da organización, que se poñan en contacto comigo.

Adxunto varios documentos e enlaces por si queredes máis información.

Lidia

MESTRA DE EF

                          

Distribuir contido