Na ORDE do 29 de abril de 2022 regúlase a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23.
BENEFICIARIAS
Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:
a) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO). No noso centro non entraría o alumnado de 5º e 6º por traballar na plataforma DIXGAL con libros electrónicos.
b) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
c) Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en E.Primaria, ESO e EE.
PRESENTACION DAS SOLICITUDES
- De xeito telemático: Enlace á web
- De xeito presencial: Entregar na secretaría do centro
Recoméndase acudir ao centro con máscara hixiénica e respectar a distancia de seguridade e as indicacións do persoal do centro para garantir a seguridade de todas as persoas.
PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES
Iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS
As listas provisionais publicaranse o día 4 de xullo no taboleiro do centro.
PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS
O prazo de reclamación ás listas provisionais será de dous días hábiles a partir da publicación, é dicir, os días 5 e 6 de xullo.
PUBLICACIÓN DAS LISTAS DEFINITIVAS
As listaxes definitivas das axudas de libros de texto, material escolar e do fondo de libros publicaranse no taboleiro de anuncios do centro o día 8 de xullo.
RECOLLIDA DOS VALES
As familias poderán recoller os vales de axudas de libros de texto e material escolar na conserxería do centro.
Os libros adxudicados do fondo (3º e 4º Primaria) SERÁN ENTREGADOS AO ALUMNADO ao comezo das clases.
A SEMANA PASADA TIVO LUGAR A MOBILIDADE A VARSOVIA NO MARCO DO PROXECTO EUROPEO KA226 DORIS (Designing Online Readiness in Schools), NO QUE PARTICIPAMOS ALUMNADO E PROFESORADO DO NOSO CENTRO, XUNTO O CFR DE FERROL E O CEIP NICOLÁS DEL RÍO.
VISITAS AOS CENTROS POLACOS PARTICIPANTES, XUNTO CON ALUMNADO DE DOUS CENTROS DE GALES, PRESENTACIÓNS, ACTIVIDADES PARA PROFESORADO E ALUMNADO, XOGOS, VISITAS CULTURAIS E NOVAS AMIZADES!
AQUÍ DEIXAMOS UN VIDEO NO QUE INTENTAMOS RESUMIR ESTA GRAN EXPERIENCIA!
ESTAMOS MOI AGRADECIDOS POLA ACOLLIDA!
Daniela, Sara, Juan, Emma e Marcela xa recolleron os seus premios como gañadores do XXII Certame de Poesía e Imaxe, en Galego sen filtro.
NORABOA!!!!
Familias xa tedes aberto o prazo para solicitar as becas de comedor do 10 ao 24 de maio.
Deixamos o enlace para consultar toda a información e cubrir a documentación para entregala na sede do Concello.
https://www.ferrol.gal/sede/taboleiroAnunciosAmpliar/608
Tamén deixamos o documento como anexo.
LISTAXES PROVISIONAIS DO PROCESO DE ADMISIÓN DO CURSO 2022-2023.
Segundo a ORDE do 18 de decembro de 2020, as listaxes provisionais serán publicadas antes do 25 de abril.
O día 22 de abril serán publicadas no taboleiro de anuncios do noso centro.
Todas as solicitudes de praza foron admitidas.
Ante estas listaxes provisionais, poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación.
Prazo de reclamación: 25 ao 29 de abril.