Bos días chic@s!
Benvidos a fase 1! Xa sabedes, no? Pouco a pouco imos saíndo das medidas máis estrictas e iniciamos novas fases da nova normalidade. Xa se poden facer quedadas e visitas a grupos de ata 10 persoas, sempre mantendo a distancia de seguridade ou tomando as medidas que os maiores consideren.
Desfrutade desta nova fase sen olvidar que nós somos os máximos responsables para que o virus non siga extendéndose!
Esta semana é a semana das LETRAS GALEGAS, o domingo 17 celébrase en toda a comunidade o día de CARBALHO CALERO.
Para celebralo e coñecer máis a este autor ferrolano, propoñemos facer unha serie de actividades.
Deixovos en documentos adxuntos un caderniño con actividades que é para facer durante toda a semana. Imprimídelo e ídelo facendo. Correxirémolo a través dunha videochamada.
A maiores tamén vos deixo un vídeo sobre o autor e un xoguiño para repasar toda a súa vida e obra.
https://view.genial.ly/5e750fa6d0e81c0e4046557d/game-don-ridardo-o-xogo
A finais de semana teremos unha sorpresa que xa vos adiantei o venres pasado!
Ata mércores nada máis! Recordade tamén enviarlle a profe de Música o vídeo da canción!
MIL BICOS MOLONES!
Xuntos estámolo conseguindo!
Lidia
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ACT_3_ED_PRIMARIA.pdf | 1.23 MB |