Iniciar sesión: Acceso

Mércores, 6 de Maio de 2020

Bos días chic@s!

Hoxe tocaríanos traballar Ciencias Naturais , así que aquí tedes o novo vídeo no que falamos un pouco dos lugares onde poden vivir as plantas.

So tedes que velo e intentar entendelo lendo tamén as páxinas correspondentes do libro de Ciencias, a 78 e 79.

A semana pasada pedinvos en Lengua que escribírades unha receita para a revista. Imos a deixar aparcado ese traballo, pero non nos olvidamos del!

Dende o cole propoñemos que esta semana, sexa a Semana Científica!

Na parte dereita desta páxina do cole tedes un apartado que pon PROXECTOS, e debaixo, CIENCIA ACTIVA. Se entrades, vades a ver que tedes varios documentos con experimentos. Marta tamén deixou varios colagados no blog de 3º e 4º.

Tedes que escoller un, o que queirades, facelo e cubrir unha ficha que vos deixamos en documentos adxuntos. Tamén tedes que sacar unha foto, repito, unha soa foto para enviala.

O vindeiro martes tedes que enviar a ficha cuberta e a foto a través do correo electrónico. Se non tedes impresora, copiádela a man nun folio e lle sacades unha foto, que vale o mesmo.

Polo tanto, este é o único traballo que tedes ata o martes. Disfrutádeo e facédeo investigando, lendo, con boa letra, atentos a como contades as cousas...

O venres vémonos a través de Hangouts cunha videochamada! Quedamos como sempre as 11:30.

Recordade ter a man a libretas de dúbidas para o venres sabichón e ter pensado algo que contar!

Ademáis este venres imos intentar facer un bingo!!

Tedes que ter un folio cun cartón de bingo como o que vos deixo en documentos adxuntos, e cubrídelo con números das táboas de 5 ao 10. Intentade telo feito para cando comece a videochamada.

AdxuntoTamaño
FICHA EXPERIMENTO_0.pdf249.6 KB
BINGO.odt8.98 KB