Iniciar sesión: Acceso

SEGUIMOS COÑECENDO O NOSO PLANETA

      Bos días!!!

   Xa que estamos coñecendo o noso planeta imos lembrar os continentes, algo que xa traballamos no proxecto da volta ao mundo de Magallanes e Elcano, cando falamos da súa viaxe.

   Aquí tedes un vídeo que os presenta moi ben.

   

   No vídeo que vai a continuación podedes ver a explicación das tarefas de hoxe.

   

     Os nenos e nenas de 3 anos repasaremos a asociación da grafía coa cantidade, poñendo tantos dedos ou obxectos como indica o número (do 1 ao 5).

   Os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaremos coa casiña de descomposición:os de 4 anos poden facer o número 8 e os de 5 anos o 13.

   Por outra banda, xa que lle ensinamos a Pixi como somos cos nosos debuxos do outro día, hoxe lle imos dicir o nombre das partes do noso corpo e para qué serven, lembrando tamén os 5 sentidos. Para iso podemos xogar a "Simón di", nomeando as distintas partes (por exemplo: Simón di sinala o ollo, levanta a man...).

   Aquí tedes un vídeo das partes do corpo.

   

    E para traballar o sentido da vista e do oído déixovos un xogo para repetir a secuencia que el nos indica, espero que vos guste.

   https://www.cokitos.com/juego-simon-dice-online-gratis/play/

  Un bico enorme.