Este texto foi recitado polos alumnos/asde 6º de Primaria adicado A GANDHI":
""Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ, en recordo do pasamento de GANDHI. Gandhi naceu na India no ano 1869 e morreu asasinado no ano 1948 (morreu con 79 anos).
Foi un home de paz pois logrou gañar unha guerra coa paz. Todo o mundo o coñecía por MAHATMA que significa "ALMA GRANDE".
Foi un dos líderes espirituais e políticos máis respetados do século XX. Axudou á liberación do pobo hindú do gonerno colonial inglés con resistencia pacífica.
Na India consideranno o PAI DA NACIÓN INDIA.
Estudou leis en Londres, traballou de avogado na India e Sudáfrica. Máis dunha vez recurriu o xaxún voluntario para presionar á xente sobre a necesidade de ser non violento.
Levou unha vida moi humilde, non aceptou ter cousas materiais, vestía como as clases máis baixas e a súa alimentación baseábase en vexetais, zumos de froita e leite de cabra.
Foi asesinado en xaneiro de 1948.""
"PAZ, XUSTIZA, SOLIDARIDADE, EDUCACIÓN, LIBERDADE, IGUALDADE, NON VIOLENCIA, RESPECTO....
SON AS BASES DUN MUNDO MÁIS HUMANO E DUNHA SOCIEDADE MELLOR""