Bos días chic@s! Estamos tod@s?
Que tal o día de onte? Fixéstedes a pizza? E os experimentos? Se non, sempre podedes facelos hoxe!
Nós onte, collimos o xogo dos PYSSLA (esas peciñas de plástico para facer figuras), e como Martín me dera unha idea de facer superheroes con elas , foi o que estivemos facendo especial. Ademais démoslle outra utilidade....mirade, son peóns!
Construír os nosos propios xoguetes, é unha boa opción para pasar o tempo e ter máis recursos para xogar.
Por se queredes investigar máis xogos e xoguetes para construir con cousas que teñades pola casa, deixovos este enlace.
https://ecocosas.com/reciclaje/juguetes-materiales-reciclados/?cn-reloaded=1
Por certo, as vosas familias deberíanme contestar a un correo que lles enviei, algunhas xa o fixeron, pero fáltame xente. Recordádello!
Nadia, fáltame o teu correo falándome da xerminación.
Ahí van as correccións de onte(xa sabedes, póñovos o que considero que puido ter dificultade):
MATEMÁTICAS
PX121 EX3
7877 188
26437 20836
LENGUA
PX 93 EX 7
pequeño grueso valiente
Para o traballo de hoxe, collemos CIENCIAS NATURAIS
Páxina 62 , exercicio 3 e 5. Recordade ler primeiro do tema, as páxinas 56,57,58 e 59.
Para GALEGO imos recuperar o vídeo de onte da receita da pizza e isto é o que ides facer: colledes a libreta de Lengua e poñedes, como sempre, GALEGO. Facedes unha taboa cunha regra con tres filas e dúas columnas, deixovos en documentos adxuntos un exemplo. Debería ocuparvos toda unha folla.
Poñedes de título RECEITA DE PIZZA CORAZÓN.
No primeiro cadro poñedes os ingredientes (recordade poñer os da masa e os outros), no segundo cadro poñedes a elaboración e no terceiro cadro poñedes o debuxo.
Deixovos tamén un contiño curto pero moi chulo para escoitar e copiar na libreta o seguinte exercicio, ollo que son dúas preguntas:
“Escribe o nome dos animais que aparecen no conto e di que lle aporta cada un deles ao moucho. De todo iso que o moucho aprendeu , que é o que a ti che parece máis importante?”
Das fichas de repaso do primeiro trimestre, facedes hoxe unha polas dúas caras.
Como é martes, toca practicar un pouquiños de xadrez, xa lle colléstedes o punto ao programa? Ahí vai!
E por último, pero non menos importante...a clase de hoxe vai adicada a ANTONIO. Outro truquiño matemáitico que seguro que lle vai gustar como o outro. Atenición que este impresiona máis, pero é algo máis complicado tamén de aprender. A practicar magos das Mates!
Ata mañá! Mil bicos chic@s!
XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!
TERCEIROMOLONDEVALON QUEDA NA CASA!
LIDIA.-
Adxunto | Tamaño |
---|---|
receita pizza.odt | 8.4 KB |