LUNS, 30 DE MARZO DE 2020
Bos días chic@s! Estamos tod@s?
Que tal de fin de semana? Fixéstedes as pulseras? Emilio xa me enviou unha foto con ela, espero as vosas! Teño que recoñecer que eu non a fixen todavía , pero entre hoxe e mañá póñome a facela.
Fixo tan bo tempo, que estiven case todo o día pola horta. Non sei se xa vos contei, estamos facendo en casa unha horta moi chula , xa vos poñerei unha foto cando a rematemos. Por agora, plantamos fresas, que si os vosos pais poden mercalas, sería un traballo estupendo facer unha pequena plantación. No piso xa é máis complicado!
Estivemos investigando algún experimento máis, que os tiñamos algo esquecidos. Deixovos un vídeo do que nós probamos (consello: podedes intentar facelo na bañeira ou encima do fregadeiro).
https://www.facebook.com/thedadlab/videos/196058921664345/
Tamén vos paso un vídeo de experimentos con auga, que xa que estamos, son moi chulos. O do aceite con colorante é moi impresionante. Se non tedes, facédeo con azafrán ou pimentón a ver que sae!
En canto ao traballo que puxen o venres, ahí van as correccións de Mate:
- El reparto de los huevos no podría hacerse de esa manera, ya que
12:2 =6 12:3=4 12:4=3
Si sumamos los resultados 6+4+3=13
Miguel tan solo compró 12 huevos, así que no podría repartirlos de esa manera.
O traballo para hoxe é o seguinte, Hoxe toca un pouco de repaso:
MATEMÁTICAS
Páxina 121, exercicios 1,2,3 e 8.
Deixovos neste enlace un xoguiño para comparar números. Non é por si vos apetece...tedes que facelo!É coma un test, tedes que marcar a opción correcta.
Recordade que nos símbolos de maior ou menor, a boquiña aberta sinala hacia o número máis grande.
LENGUA
Página 93, ejercicio 7,8 y 9.
E a clase de hoxe vai adicada a ....Lucas! Penso que lle encanta a pizza e está conseguindo tantas cousas nesta nova aventura que estamos vivindo, que hoxe se merece ceala! Pero...non vai a ser tan sinxelo.
Tocouche cociñala! Aquí che deixo un vídeo ben chulo dos pasos a seguir...espero que o desfrutedes.
Mil bicos.
Xuntos conseguirémolo! Quedade na casa!
Lidia.