Bos días chic@s! Estamos tod@s?
Veña ese ánimo que xa é venres!
Propóñovos para esta tarde ou este finde algo que nós fixemos onte e foi moi divertido , “carreira de gusanos”. No vídeo vedes como se fan. Nós fixeos ademais unha especie de portería cos Lego para ver quen o metía antes. Fixemos unha manualidade e un pouco de exercicio!
Indicacións extra...a ver si facedes o gusano de 36 cm de largo e 4 cm de ancho, e as dobreces de 6 en 6 cm. E na cara...que se pareza a min! A ver como me debuxades!
Se non tedes regra, facédeo do largo do libro de Mate e do ancho de tres dedos. Logo as dobreces as facedes para que sexan iguais. E se non tedes unha palliña para soprar, pois non pasa nada, sen ela.
Sairon os problemas de onte? A continuación paso a poñervos os resultados dos 4 problemas de Mate para correxilos.
- Pablo tiene 20 años.
- Tiene 63 canicas.
-Tiene 138 cromos.
-Duró 36 días.
En canto o traballo para hoxe, apuntade:
Matemáticas
Páxina 119 exercicio 11. Tedes que dicir cantos ovos son para cada un.
Deixovos nos documentos adxuntos unha folla con operacións que copiades e facedes na libreta. Van tamén os resultados, non sexades tramposos, que é para que o empreguedes para correxir.
Ciencias Naturais
Tedes que ler de novo do tema 2 as páxinas 22,23,24 e 25 e facer os exercicios da páxina 30, o 2 e o 6.
Deixovos tamén un enlace a un test, tedes que facer o número 3, las plantas.
https://www.testeando.es/3-Primaria-Ciencias-sociales-y-naturales-55
(se vos dá algún problema , non o fagades, non fai falta que vos rexistredes)
Mirade que vídeo máis bonito, igual o conto é algo infantil para vós, pero paréceme que a idea de facelo así é moi interesante. Anímovos a intentar reproducilo...
E a clase de hoxe vai adicada a ...Emilio. Pola súa creatividade e como é tan detallista nas manualidades, eu penso que lle pode gustar. É un vídeo para facer pulseras, e pensei que podíamos facelas todos e así cando volvamos a clase con elas postas, quitámolas e facemos algo con elas. Será o noso homenaxe a terlle gañada a batalla ao coronavirus, que vos parece?
https://www.pequeocio.com/como-hacer-pulseras-de-macrame/
Que se note que é fin de semana chic@s, facede algo especial, poñédevos máis guapos, montade a mesa para comer ou cear máis elegante, facédelle un agasallo a alguén de sorpresa...
Mil bicos!
ÁNIMO E QUEDADE NA CASA!
XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!
LIDIA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Multiplicacion_20200327_1009.pdf | 25.68 KB |