Cantos días sen falar!
Como foron estes días sen cole para vós? Para min un pouco iguais que o resto jeje! Aínda que algunha cousa especial fixemos. Sen dúbida, o que máis nos está gustando, é que incorporamos as nosas tardes o momento do experimento.
Tedes un montón de páxinas web de experimentos que podedes facer na casa sen facer explotar todo polos aires, que tampouco fai falta pasarse... Nós por ahora puxemos en práctica dous, cóntovos o que máis nos gustou.
Recordades cando o ano pasado fixemos uns experimentos e viñeron as familias a velos? Que Celia era unha científica e o resto os seus axudantes para facer lava volcánica? Pois ese mesmo fixen eu na casa con Manuel. Despois baixamos unha app de edición de vídeo e démoslle un pouco de forma. Deixovos un enlace a un vídeo para recordar como se facía!
Podedes non engadir colorante se non tedes, ou empregar un máis común como a cúrcuma ou o azafrán. Se vivides nun piso como Sara (penso que é a única), non lle vaias quitar a terras as plantas! Podes facer o volcán con cartón (tes varios vídeos en youtube) ou facelo simplemente nun vaso.
Nas entradas da páxina web do cole tamén tedes un recopilatorio de experimentos. Buscade os que poidades facer na casa e xogade coa ciencia!
Con respecto ao traballo que marquei a semana pasada , ahí van as correccións dos exercicios que penso puideron ter algunha complicación:
C.Naturais
Páxina28, exercicio 1
“ Grazas aos órganos dos sentidos recibimos información do exterior”.
En canto ao traballo para hoxe, collemos Matemáticas
Páxina 116 exercicio 1,2 e 3.
Páxina 117 exercicio 4 e 5.
Atendede que nestes exercicios tedes a solución ao lado, o que tedes que facer é completar o enunciado vendo a operación.
Deixovos en documentos adxuntos unha folla de operacións para copiar na libreta e facelas. A continuación facedes a proba de cada división. Recordade:
DIVIDENDO: DIVISOR X COCIENTE + RESTO
Collemos Lengua Castellana :
Página 88 ejercicio 2
Página 89 ejercicio 6. Es un dictado, así que tendreis que pedir ayuda para que alguien os lo lea. Luego lo corregís por el libro utilizando el boli rojo o negro. A continuación copiamos los fallos de cada palabra, tres veces.
Coas fotocopias que temos da primeira avaliación, facemos unha máis (xa non fai falta repetir que por diante e por detrás).
A app que vos vou recomendar hoxe é a seguinte: PET BINGO . Para seguir mellorando en cálculo mental.
E para rematar, pensei que cada día vou a facer unha dedicatoria dende aquí...ahí vai a primeira.
Hoxe o final da clase dedícollo a LUCAS! Este vídeo é para sacarche un sorriso, aínda que estou segura de que xa o viches un millón de veces!
BICOS PARA TODOS E TODAS!
MAÑÁ FALÁMONOS OUTRA VEZ, ENCÁNTAME QUE ME MANDEDES CORREOS ELECTRÓNICOS!
ÁNIMO!
XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!
LIDIA
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Divisiones-con-resto.pdf | 37.59 KB |