Bos días chicos!
A polo mércores! Xa todos sentados ?
Antes de nada falarvos un pouco do meu día de onte. O gran descubrimento de onte foi a papiroflexia ou origami.
A orixe da palabra procede dos vocablos xaponeses “ori” (doblar) e “kami” (papel). Despois transformouse en origami.
Recordades esa exposición tan chula que fumos a ver A Fundación? Papiromates se chamaba.
Penso que Celia trouxo a clase algunha vez un animaliño feito así.
Deixovos aquí unha foto do que fixen eu onte con Manuel e se pinchades nela ides directos a páxina web de donde sacamos as ideas. Seguro que vós sodes máis mañosos! En Youtube tedes tamén un montón de vídeos explicativos.
Onte tamén me pasou algo que me fixo moita ilusión. Martín escribiume un correo electrónico contándome un pouco cousas que el facía, e o de facer exercicio con música rock gustoume moito! Ocurreuseme que se vos apetece, de vez en cando podedes mandarme un correo para contarme algo e eu prometo contestalo, vale?
En canto ao traballo de onte, espero que as divisións vaian saíndo(Ianire,xa pilladas?)
Hoxe imos traballar un pouco co libro de Ciencias.
Páxina 17 exercicio 2 (utilizade regra para facer o esquema)
Páxina 28 exercicio 1 e 2 (hoxe tamén aprendemos Braille!)
Como vai esa xerminación? Recordade anotar calquera cambio na libreta, poñendo o día no que pasou.
Collemos o libro de Lingua Galega, que é novo para vós. Podedes facer os exercicios na libreta de Lengua poñendo antes de empezar : GALEGO.
Lectura páxinas 74 e 75
Páxina 76 exercicios 1,3 e 5
Páxina 78 copio o cadro da sílaba tónica e fago o exercicio 1 copiando tamén os debuxos.
Das fotocopias do primeiro trimestre facemos dúas máis.
Mañá é festivo , 19 de Marzo, e o venres faríamos ponte. Eu que son así de mala (bueno , non tanto!) mándovos tamén para o venres facer un pouco de repaso. Collemos as fotocopias anteriores e facedes tres fichas (si, por diante e por detrás, sen queixarse!).
Para o venres tamén vos deixo en documentos adxuntos tres fichas que non fai falta imprimir, podedes facelas véndoas na pantalla, cada un cos recursos que teña.
Podedes tamén seguir practicando na páxina de xadrez, eu aquí creei unha nova partida contra a máquina cun nivel básico....a ver si aprendo!
Recordade que tamén está activa a aula virtual, que estes días irei colgando máis recusos.
En canto a aplicación que hoxe vos recomendo, ahí vai....seguro que a Martín, Sara, Emilio e Antonio lles gusta solo polo nome!
E por último....a miña confesión...o primeirísimo que vou facer cando todo isto remate, cando poidamos sair a pasear sen ningún risco, vai ser darlle un gran abrazo a miña nai. Deses abrazos que te deixan sen respiración!
E logo , vou ir tomarme coa miña familia un gran xeado de chocolate de 10 bolas, de eses que che doe a barriga de tanto que comiches.
Menudo plan! Anímovos a contarme por correo eso que ides facer vós cando todo isto remate, que seguro será moi pronto!!!!
Ovidábaseme! Teño actualizado tamén o blog de E.Física, pasádevos por alí a mover un pouco o cu!
Volvemos a falar o luns!
Moitos bicos e abrazos!
Xuntos imos conseguilo!
Lidia.-
Adxunto | Tamaño |
---|---|
FB_IMG_1584465495632.jpg | 118.97 KB |
FB_IMG_1584465519471.jpg | 106.69 KB |
FB_IMG_1584465550353.jpg | 110.17 KB |