Bos días chichos!
Empezamos esta nova aventura de aprender a distancia vós e de ensinar a distancia eu, que tamén teño que practicar. A ver si nos adaptamos ben!
Non sei como estaredes levando o de quedarse na casa, todos os días me contábades un pouquiño do voso día, ahora vou a ter que ser eu quen vos conte a vós como me foi a min.
Eu vivo coa miña parella Rober e os meus dous fillos Manu e Xabi, xa o sabedes, e estamos intentando establecer rutinas para que sexa o máis organizado posible.
Ata o de agora foi un pouco fin de semana, levantámonos sen horarios, almorzamos todos xuntos e xogamos ao que nos apetece nese momento. Logo nos chega a hora de comer, así que repartimos tarefas: un pon a mesa (ben bonita, coas súas servilletas dobladiñas, os cubertos colocados...), outro axúdame a lavar os grelos,...
Cando acabamos de comer e recollemos entre todos, vemos un pouco a tele (os debuxos que non falten!).
Xa pola tarde buscamos algunha manualidade que facer. Póñovos un debuxo do que fixemos onte e o enlace para que entendades o seu significado.
Na hora da merenda sentámonos todos outra vez xuntos na mesa e sempre merendamos froita e iogur. Imos estar algún tempo na casa, e non se nos pode esquecer que temos que ter unha alimentación sana e equilibrada, recordades?
Estes días pola tarde estamos facendo algo de cociña lambona . Fai quince días Manu foi a un curso de cociña e ensináronlle a facer bombóns, así que nos puxemos a practicar.
Deixovos a foto e se pinchades ides ao enlace de como se fan, por si queredes practicar!
A Manu gústalle moito a tablet, e como colabora moito na casa, polas tarde deixámoslla un pouco. Estamos xogando nesta aplicación, na que podedes poñer a vosa idade e adáptanse os contidos. É para traballar cálculo mental, pero moi divertida!
A Xabi tamén lle gusta moito e nunca xogara, así que lle busquei puzzles para a súa idade. É importante sempre que busquedes aplicacións, que sexan adaptadas a vosa idade, para entendelas e que ademais de entreternos, non ensinen cousas!
Sobre as 7 estivemos facendo un pouco de exercicio en familia, sacamos unhas ideas moi chulas de este vídeo(intento poñelo entre hoxe e mañá), e entre que preparamos os materiais e nos puxemos a facelos xa nos metimos na hora de cear.
Olvidábame de contarvos que as 8 saímos a xanela a darlle un aplauso a todo o personal sanitario que está traballando tanto para curar a quen o precisa. Esta é unha iniciativa que empezou nas redes e que se estendeu por toda España. É moi emocionante saber que todos a mesma hora, estamos apoiando a todos eses profesionais.
Xa na cama, limos un conto. Manu e eu estamos lendo as revistas LEOLEO, que as vimos na biblio do cole , recordades? Nós suscribímonos e mándannolas a casa. A Xabi gústalle máis Pepa Pig.
E así pasou o noso día de onte, gozando de estar en familia e propoñendo cousas que facer, que se nos ocurren a nós como pais ou a Manu e Xabi.
519 PALABRAS!
Seguro que está todo lido? Porque a primeira tarefa que tedes que facer hoxe é coller a libreta de Galego, donde facemos as redaccións, e intentar facer un resumo do que foi o meu día de onte.
Ooooooo! Veña, que canto máis tardedes en poñervos máis tardades en rematar!
En canto a Matemáticas, faremos un repaso do traballado neste tema.
Da páxina 113 o exercicio 4.
Da páxina 121 o exercicio 5 e 6.
De Lengua lemos de novo a lectura da páxina 82 e facemos o exercicio 9 da páxina 85, facendo tamén un debuxo de Martdog.
Mañá póñovos as solucións dos exercicios para que poidades correxirvos, aínda que estaría ben que alguén da vosa familia os mirase.
Atendede a limpeza, a letra, dedicádelle tempo. Eu revisareinos todos cando volvamos a clase.
Das fotocopias do repaso do primeiro trimestre facemos as dúas primeiras (e si, por diante e por detrás).
ÁNIMO CHICHOS!
ENTRE TODOS ÍMOS CONSEGUILO!
LIDIA