O día 2 de Febreiro é o día no que casan os paxariños, a Candeloria!!! Unha das festas da invernía que preludia a chegada da primavera co retorno das aves migradas durante o inverno.
Por iso nós,no #terceiromolondevalon celebramos o mes do amor!!! Queredes coñecer a historia deste día tan especial? Pinchade na imaxe...
A porta da nosa aula xa está preparada para recibir todas as vosas mensaxes de amor...a compañeiros/as, a amigos/as, a familiares, a mascotas... Xa podemos ler as primeiras!