BOAS DE NOVO, FAMILIAS!
NESTA ENTRADA DO BLOGUE PODEREDES VER O QUE OCORREU NA AULA DURANTE AS DÚAS ÚLTIMAS SEMANAS.
NA DERRADEIRA DO MES DE MAIO E COMEZOS DE XUÑO, AS NENAS E NENOS REALIZARON DIVERSAS ACTIVIDADES. UNHA DELAS, PARA TRABALLAR A DIRECCIONALIDADE E INICIARSE NO PENSAMENTO COMPUTACIONAL, CONSISTÍA EN QUE DEBÍAN SEGUIR OS COMANDOS DADOS POR UNHAS FRECHAS PARA CHEGAR A UNHA IMAXE DUN PANEL COA TEMÁTICA DA PRIMAVEIRA. FIXÉRONO COA AXUDA DA PROFE LIDIA E RESOLVÉRONO XENIAL!
NA MESA SENSORIAL CONTABAN CON MINIATURAS DE INSECTOS E FLORES: UNHAS ESTABAN EN COR E OUTRAS ERAN A SOMBRA DAS PRIMEIRAS, POLO QUE ESTABAN EN BRANCO E NEGRO. O SEU OBXECTIVO ERA ASOCIAR A IMAXE COA SÚA SOMBRA. TRABALLARON ASÍ A ATENCIÓN E DISCRIMINCACIÓN VISUAL.
FIXEMOS TAMÉN UNHA ACTIVIDADE EN GRAN GRUPO DE CONTEO, ASOCIACIÓN GRAFÍA-CANTIDADE, RECOÑECEMENTO DE GRAFÍAS, ORDE NA SERIE NUMÉRICA, ATENCIÓN... NO CHAN DISPUXEN DIVERSAS TARXETAS CON NÚMEROS E COAS CANTIDADES QUE REPRESENTAN E, POR OUTRA BANDA E NUNHA BANDEXA, ENGADÍN DIVERSOS MATERIAIS CON E SEN GRAFÍAS QUE REPRESENTABAN CANTIDADES. DE XEITO LIBRE, DEBÍAN IR COLLENDO OS MATERIAIS DA BANDEXA E POÑELOS ENRIBA DAS TARXETAS DO CHAN SEGUNDO A CANTIDADE QUE REPRESENTABAN. FINALMENTE, ORDENARON A SERIE NUMÉRICA DO 1 AO 10. AXUDÁRONSE MOITO E COMPLETARON A TAREFA ESTUPENDAMENTE!!
LEMBRADES AS FOTOS E AS PINTURAS DOS BODEGÓNS? POIS TIÑAMOS PENDENTE CUBRIR A FOLLA DE REXISTRO DO ARTISTA. NESTE CASO, PRESENTEILLES A FRANCISCO DE ZURBARÁN E, COMO SEMPRE, FALAMOS UN POUCO DA SÚA OBRA E DA SÚA ORIXE. FINALMENTE EN GRUPOS COMPLETARON A FOLLA DE REXISTRO. PERCIBÍN AQUÍ MOITÍSIMOS AVANCES RESPECTO AO TRIMESTRE PASADO, POIS CADA VEZ PRECISAN MENOS DA MIÑA AXUDA E SON MÁIS AUTÓNOMOS/AS.
OUTRA TAREFA DESTA SEMANA FOI REALIZAR O REXISTRO DO TEMPO. NESTE CASO E COMO VIN QUE NA ACTIVIDADE ANTERIOR A RESOLVERAN TAN BEN, FIXÉMOLO TODOS/AS XUNTOS/AS AO MESMO TEMPO!! EU ENCARGUEIME DE COLLER OS BOTES DE UN EN UN E ELAS/ES CONTABAN AS CANICAS EN VOZ ALTA. A CONTINUACIÓN, COLOCABAN OS GOMETS,ESCRIBÍAN AS GRAFÍAS E O NOME DO MES DO REXISTRO. QUEN PRECISABA AXUDA, ERGUÍA A MAN PARA RECIBILA E ASÍ COMPLETARON OUTRA ACTIVIDADE CON ÉXITO!!
COMO XA LEVÁBAMOS ALGUNHAS SEMANAS SEN REALIZAR UNHA DINÁMICA DA APRENDIZAXE COOPERATIVA, ESTA VEZ TOCOUNOS. CONSISTIU NO SEGUINTE: PEDINLLES QUE PECHARAN OS OLLOS E COLOQUEILLES GOMETS DE DIFERENTES CORES NA FRONTE. A SÚA MISIÓN ERA AGRUPARSE POR CORES COA CONDICIÓN DE QUE NON PODÍAN FALAR. DIFÍCIL, VERDADE? POIS AMAÑÁRONSE COMO PUIDERON E O CONSEGUIRON! AXUDÁRONSE SINALANDO AS CORES QUE HABÍA POR CLASE NOS ROTUS, GABETAS... E FINALMENTE COMPLETARON A SÚA MISIÓN. SÍNTOME MOI ORGULLOSA DO GRAN EQUIPO QUE FORMAN.
ESTA SEMANA TAMÉN INICIARON UNHA ACTIVIDADE QUE NOS LEVOU ALGUNHA SESIÓN MÁIS. NA PRIMEIRA PARTE E TRAS COLOCAR UNHA CARTOLINA BRANCA DENTRO DUNHA CAIXA Á QUE LLE PUXEN UNHAS GOMAS, TIVERON QUE PINTAR AS GOMAS CON CORES DA PRIMAVEIRA PARA, FINALMENTE, SALPICAR TODA A CARTOLINA. DESCUBRIMOS ASÍ UNHA NOVA TÉCNICA PLÁSTICA MOI DIVERTIDA.
PARA REMATAR A SEMANA E PREVIAMENTE NA AULA, AMOSEILLE FOTOS DO SEGUINTE ARTISTA NO QUE NOS IAMOS CENTRAR. CHÁMASE NILS UDO E AS SÚAS OBRAS MÁIS COÑECIDAS SON "LANDS ART", É DICIR, ARTE NA NATUREZA CON ELEMENTOS PROPIOS DA MESMA. TRAS OBSERVAR ALGUNHAS DAS SÚAS OBRAS, SAÍMOS AO PATIO E COMEZARON A REALIZAR AS SÚAS CREACIÓNS. PERCIBÍN POR AQUÍ MOITA CREATIVIDADE, POIS INCLUSO EMPREGARON O PLANO VERTICAL FACENDO USO DAS RANURAS DAS MESAS DE MADEIRA EXTERIORES COMO SOPORTE. O MÁIS IMPORTANTE DE TODO ISTO É QUE CADA QUEN LLE DEU UN SIGNIFICADO E VERBALIZÁRONLLO AO GRUPO. EXPERIMENTACIÓN LIBRE, CREACIÓN, COLABORACIÓN, ATENCIÓN... ENCÁNTANOS ESTE TIPO DE PROPOSTAS!!
REMATADA ESA SEMANA, COMEZAMOS UNHA NOVA CUN EQUIPO MOI UNIDO POR UNHA CAUSA: FACER RIR A PEPA, POIS ESTABA UN POUCO TRISTE. CREDES QUE O CONSEGUIRON?
O LUNS REALIZAMOS EN GRAN GRUPO UNHA ACTIVIDADE DE MEMORIA CUN XOGO DE PRIMAVEIRA. POR QUENDAS, TIÑAN QUE DARLLE Á VOLTA ÁS CARTAS PARA FORMAR PARELLAS E, POR SUPOSTO, TIÑAN QUE ESTAR MOOOOI ATENTAS/OS PARA LEMBRAR A POSICIÓN EXACTA DAS FICHAS QUE ÍA LEVANTADOS OS/AS COMPIS.
ADEMAIS E XA QUE FOI O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, APROVEITAMOS PARA SAÍR E REGAR TANTO O INVERNADOIRO COMO TODAS AS PLANTIÑAS QUE HAI POR FÓRA.
POR ÚLTIMO, TIVEMOS A VISITA DE DÚAS MONITORIAS DE "HÉROES PARA LA CIENCIA" COAS QUE FIXEMOS 3 EXPERIMENTOS: NO PRIMEIRO CORTARON, APLASTARON COL LOMBARDA EN AUGA E A TINTARON DE CORES CON DIVERSOS PRODUCTOS OBSERVANDO ASÍ OS CAMBIOS DE COR QUE ESTES PRODUCÍAN; NO SEGUNDO COLOCARON UNHAS CHUCHES DE CORES E, AO BOTARLLES AUGA, DESCUBRIRON QUE A DESTINXÍAN E APARECÍAN MOITOS CAMIÑOS DE CORES; E NO ÚLTIMO EXPERIMENTARON CUNS PAXAROS QUE FACÍAN EQUILIBRIO!
PARA REMATAR O DÍA, EVELYN PÚXOSENOS TRISTEIRA, PERO TIVERON UNHA IDEA RAPIDÍSIMA PARA SOLUCIONAR ESTE PROBLEMA. ABRAZO FORTE, FORTÍSIMO E FIN DO DÍA!
LEMBRADES OS LANDS ART QUE REALIZARON O VENRES NO EXTERIOR? POIS NESTA OCASIÓN CUBRIRON A FOLLA DE REXISTRO DE NILS UDO, AÍNDA QUE PREVIAMENTE FIXEMOS UN INCISO PARA FACER USO DO GOOGLE MAPS, POIS ESPERTOULLES MOITA CURIOSIDADE SABER A DISTANCIA QUE HAI ENTRE O SEU PAÍS (ALEMAÑA) E VALÓN. ADEMAIS, DE AQUÍ XURDIRON NOVAS PREGUNTAS PARA AS QUE BUSCAMOS RESPOSTAS COMO, POR EXEMPLO: QUE É TODO ISO AZUL? ONDE ESTÁ A PRAIA DE ESMELLE? HAI A MESMA DISTANCIA ATA MADRID? E ATA ONDE VIVÍA FRIDA KHALO?
ESTES DÍAS REMATAMOS TAMÉN A ACTIVIDADE QUE INICIÁRAMOS COA CARTOLINA BRANCA E AS SALPICADURAS DE TÉMPERAS. NESTA OCASIÓN, INDIVIDUALMENTE DEBUXARON O SEU PROPIO CORPO. UNHA VEZ MÁIS, PERCIBÍN MOITÍSIMOS AVANCES! AS FIGURAS HUMANAS XA SON RECOÑECIBLES E CADA QUEN ENGADE O SEU TOQUE PERSONAL: PENDENTES, PELO RIZO, MANDILÓN, CICATRICES...
APROVEITANDO QUE HOUBO UN DÍA NO QUE FIXO CALOR E QUE ESTABA MOLLADO O CAMPO, SAÍMOS MERENDAR Á PISTA E ALÍ DECATÁMONOS DE QUE HABÍA UNHA ZONA QUE NON ESTREÁRAMOS. TRATÁBASE DAS FLORES DE PIZARRA QUE HAI NUNHA DAS PAREDES, ASÍ QUE FIXÉMONOS CUNS XICES DE CORES E.... A CONTINUACIÓN VEREDES O RESULTADO!
COMO XA VOS AMOSARÍAN, ESTA SEMANA NA MESA SENSORIAL TIÑAN MATERIAL PARA FACER UNHAS PULSERIÑAS. CON ESTA PROPOSTA TRABALLARON A MOTRICIDADE FINA, ATENCIÓN E LECTOESCRITURA E, ADEMAIS E O MÁIS IMPORTANTE DESDE O MEU PUNTO DE VISTA, O SENTIDO DE PERTENZA AO GRUPO. AS SÚAS CARAS DE EMOCIÓN AO REMATALAS E POÑELAS...INDESCRIPTIBLES!
HOXE PRESENTEILLES A UNHA DAS ÚLTIMAS ARTISTAS QUE IMOS COÑECER. TRÁTASE DE YAYOI KUSAMA, ARTISTA XAPONESA OBSESIONADA COS PUNTOS. TIVERON MOITO INTERESE EN ESCOITALA FALAR, ASÍ QUE VISUALIZAMOS E ESCOITAMOS UN ANACO DUNHA ENTREVISTA E PUIDEMOS CORRROBORAR QUE, EFECTIVAMENTE, FALA XAPONÉS E NÓS NON ENTENDEMOS NADA. A CONTINUACIÓN, AMOSEILLES A OBRA QUE IAMOS TOMAR COMO REFERENCIA E PUXÉMONOS MANS A OBRA EN DOUS GRUPOS. ENCHERON UNHA BOLBORETA SOBRE UN LIENZO SÓ CON PUNTOS. AÍNDA QUE "ISTO É MOI CANSADO" FOI A FRASE MÁIS REPETIDA, CONSEGUÍRONO.
FINALMENTE E TAL E COMO VOS CONTARA, XA QUE O FIN DE CURSO É INMINENTE, GUSTARÍAME REALIZAR A DERRADEIRA DINÁMICA DE COHESIÓN DURANTE ESTES ÚLTIMOS DÍAS. HOXE COMECEI EU COA MIÑA MALETA (QUE FINALMENTE RESULTOU SER CAIXA), DA QUE FUN SACANDO DIVERSOS OBXECTOS QUE ME REPRESENTAN, DEFINEN, QUE FORMA PARTE DA MIÑA VIDA E QUE QUIXEN COMPARTIR CON ELES/AS. FOI ASOMBROSO O ATENTOS/AS QUE ESTIVERON E O BEN QUE RESPECTARON A MIÑA QUENDA DE PALABRA. TAL E COMO LLES CONTEI, GÚSTAME MOITO LER E PROCURO FACELO UN POUQUIÑO CADA DÍA; ADEMAIS DESFRUTO MOITO ESCOITANDO MÚSICA, POR ISO AMOSEILLES OS OS CASOS. ENCÁNTAME ESCOITALA NO COCHE, NA CASA, CANDO VOU DAR UN PASEO...; A RAQUETA TAMÉN TEN UN SIGNIFICADO NA MIÑA VIDA, POIS TAL E COMO LLES EXPLIQUEI, EU COMECEI A XOGAR A TENIS DESDE BEN PEQUENA, DEPOIS COMPETÍN E, FINALMENTE, FUN PROFE DE TENIS DURANTE VARIOS ANOS ATA ANTES DE EMPEZAR A TRABALLAR NOS COLES. POR ÚLTIMO, AMOSEILLES DÚAS FOTOS MIÑAS DE PEQUENA QUE REPRESENTAN RASGOS DA MIÑA PERSONALIDADE (UNHA RINDO E OUTRA "SENDO LOQUITA" COMO ELAS/ES ME DIN), E 3 FOTOS DE PERSONAS IMPORTANTES PARA MIN: A MIÑA FAMILIA, OS/AS MEUS MELLORES/AS AMIGOS/AS E, POR SUPOSTO, ELAS/ES, A MIÑA PANDA FAVORITA COA QUE DESFRUTO CADA DÍA.
SÍNTOO POR ESTA ENTRADA TAN LOOOOONGA, E QUE TIÑAMOS MOITAS COUSAS QUE AMOSARVOS.
ATA A PRÓXIMA!