Iniciar sesión: Acceso

ACTIVIDADES LEE EN EDUCACIÓN INFANTIL

En Infantil estivemos coñecendo dous contos e traballando coas súas historias: en "Los versos del libros tonto" puidemos coñecer diversas historias sobre unha veleta, unha serea e ata unha voda. Despois falamos de como nos sentimos con esas historias e fixemos tres equipos: o do amor, o da calma e o da ledicia e fixemos un debuxo que representase esas emocións. Con todos eles elaboramos un libroo de artistas moi bonito e especial.

Ademais tamén limos o libro "Versos de cuento" onde aparecen historias sobe vampiros, meigas e fadas, que nos encantan tamén polas súas rimas. Nesta ocasión, fixemos dúas actividades: unha de relaxación e outra de baile no que tiñamos que estar moi atento á lectura dos versos para poder facer os sons dos intrumentos que nese poema aparecían.