Iniciar sesión: Acceso

SEMANA DO ENTROIDO

Ola familias!!

Ímosvos contar todo o que fixemos esta semana.

Comezamos o luns cumplindo o primeiro mandato da Meca e por iso levamos unha saia enriba do pantalón.

O martes ademais da saia puxemos algo na cabeza.

O mércores engadimos calcetíns por enriba do pantalóns, eso si, tiñan que ser diferentes.

E o xoves, para completar o look, puxemos algo no pescozo: colares, gravatas, paxariñas...

Ademais estivemos preparando un material que nos vai facer falla para unha actividade que realizaremos a semana que ven, polo que tivemos que marcar a silueta das nosas mans en folios de cores.

Tamén levamos a cabo o obradoiro que tiñamos planificado dentro da sesión de portas abertas. Neste caso foi do método ABN e afaianzamos un pouco máis o de formar números con decenas e unidades.

O martes 14, día do amor e a amizade, realizamos unha actividade xuntos cos nosos compañeiros/as de 3 anos. Primeiro fixemos un debuxo en folios de cores, cada un o que quería.

E despois levamos a cabo unha especie de amigo invisible cos sobre que xa preparáramos a semana anterior, un saquiño cos nomes de todos/as e un buzón.

Primeiro, sen mirar, collíamos un papeliño do saco e identificábamos que nome poñía.

Despois buscábamos o sobre dese compañeiro/a.

A continuación lle metiamos o noso debuxo dentro do seu sobre.

E por último, metíamolo no buzón.

Cando xa todos enviamos o noso debuxo, fomos á clase da profe Iria para abrir o buzón.

Nesta ocasión, o noso compañeiro Álex foi entregando as cartas a cada un dos nenos e nenas como todo un experto carteiro.

Cando rematou, abrimos o sobre e cada un puido ver o debuxo que lle deu de agasallo outro compañeiro/a. Estábamos emocionados e emocionadas!!!

Esta semana tamén estivemos preparando parte do material para a actividade que imos realizar a semana que ven con motivo do día de Rosalía de Castro.

O xoves tivemos a sorte de contar coa visista de Pakolas grazas á ANPA. Desfrutamos moitisimo do concerto.

O venres 17, día do Entroido, comezamos decorando unhas máscaras máxicas que nos regalou a ANPA. Se rascabas cun pauiño de madeira, o máscara, que era negra, comezaba a ter moitas cores. Que ben o pasamos!

E para rematar o día tivo lugar o festival de Entroido no local da Asociación de veciños. Para iso puxemos o noso disfraz de leóns e leonas, posto que este ano a temática escollida eran as películas, e como nós estamos traballando o proxecto da selva, pois decidimos ir deste animal relacionado coa película de "O rei león". Como ruxíamos!!

Fixemos o paseillo ata a asociación e alí tiveron lugar as actuacións do festival que podedes ver na páxina principal do cole, ademais dun xogo de adiviñar bandas sonoras de cancións de Disney.

Como punto final acudimos á queima da Meca, todo sempre controlado por Ricardo, que se lle escapou un pouco a mangueira e nos mollou un pouquiño a todos/as , jajajaja.

Bo Entroido e vémonos o xoves!!!

Bicos familias!