Boas tardes familias!
Por aquí andamos de novo os pequenos de A Laxe para contarvos como vai o segundo trimestre.
Como sabedes estamos a traballar no proxecto das profesións:
- Veterinarios/as. Fixemos un maletín con algunhas das cousas que empregan os veterinarios e veterinarias para curar aos animais.
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/CCA3A641-2D04-4CEC-9DD7-2A03CB23421E.jpeg)
- Bombeiros/as. Saímos ao patio a apagar lumes. Tiramos o dado, contamos os puntiños, e buscamos o lume que tiña o número correspondente para extinguilo co noso "extintor".
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/24D27C27-FE54-4D52-9907-2C59001A9E09.jpeg)
- Cociñeiros/as. Fixemos uns cupcakes coa mamá de Rita boísimos!!! Despois tocounos escribir os ingredientes para non esquecernos nunca da receita.
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/C500AFE2-EAB6-47C5-9E5F-749C4FA5F49C.jpeg)
- Ademais este trimestre levamos os brócolis que plantamos a comezos de curso:
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/B5AC8011-4D6A-47E0-AB78-543D697C8831.jpeg)
- Seguimos traballando coa recta numérica do xeito que mais nos gusta: saltando!!!
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/E8301AC8-5C6E-49BD-AB58-D4FC7D8B6425.jpeg)
- Celebramos o Dia Universal da Non Violencia e a Paz:
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/AD939975-44D6-4368-AAE3-1E09B7D911F1.jpeg)
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/F7A97AF7-1E2C-4177-A2E4-280B410A0785.jpeg)
- Xogamos co robot DOC coa profe Angeles:
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/C685C529-465E-4FC4-9C5B-C4577857EC1C.jpeg)
- E celebramos tamén os aniversarios de Alexandra, Carlos e Enzo!!!
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/09392109-1FAA-4D35-8836-94DAED1BE016.jpeg)
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/FB151BE2-FD66-448E-8A9A-D8C2FEF465EF.jpeg)
![](/centros/ceiplaxe/system/files/u37/5CD03AC2-A37D-48F0-8EEB-3155FB60EE79.jpeg)
Seguiremos contándovos!! Ata pronto! ![Sorriso Sorriso](http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaxe/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-smile.gif)