Ola peques!!
Hoxe remata este curso tan atípico e diferente. Estes últimos meses foron dun grande esforzo por parte de tod@s.
A nosa rutina viuse truncada dun día para outro, pero na miña memoria e corazón quedan gravados recordos especiais: novas aprendizaxes, xogos, cancións, conversas nas que me contábades o que vos pasara o día anterior, o abrazo en grupo da asemblea, os debuxos colgados na parede, as emocións experimentadas, as conversas a través do teléfono, os momentos de risa e ledicia…
Peques, agora toca que disfrutedes do verán coas vosas familias: xogade, correde, ide á praia, recontrádevos cos amig@s, pero o máis importante de todo, sede moi felices.
De novo dar as grazas ás familias pola súa implicación e colaboración durante todo o curso: MOITÍSIMAS GRAZAS!!!
Vos desexo un moi feliz verán. Vémonos en setembro!!!
Mil bicos enormes!!! Quérovos moito!!!
Rocío