Iniciar sesión: Acceso

NETFIT9

Ola chic@s!

Como vos adiantei a semana pasada, esta ímola adicar ao xogo tradicional galego.

Déixovos varias propostas e anímovos, como sempre, a que me enviedes algunha foto ao meu correo electrónico cartamil8@gmail.com (unha foto por correo por favor).

Podedes descubrir algún xogo dos que vos propoño ou falar cos vosos familiares para xogar con eles a algún xogo ao que eles xogaban de pequenos. É unha boa ocasión para aprender a facer un enredo tamén!

Este é un resumo de un encontro de Xogos Tradicionais que organiza todos os anos XOTRAMU, unha asociación de Muimenta.

Páxina web de recursos en torno ao xogo tradicional.

Amplo traballo de recollida e descrición de xogos polas asociación XOTRAMU.

Imagen

Como contruír unha zoadeira de botón.

E uns exemplos de xogos de palmas que tanto me gustan e que xa fixemos no cole agunha vez.

MIL BICOS CHIC@S!

ESTÁMOLO CONSEGUINDO XUNT@S!

SEGUIDE QUEDANDO NA CASA!

LIDIA