Iniciar sesión: Acceso

LUNS, 18 DE MAIO DE 2020

Bos días chic@s!

Ben de fin de semana? Xa sabedes que onte foi o gran DIA DAS LETRAS GALEGAS!

Dende o cole fíxose un xogo sobre Ricardo Carvalho Calero, como vos foi? Xa me contaredes o venres, que temos videochamada.

Para seguir conmemorando un pouco o día, vou a deixarvos por aquí dous vídeos que me gustaron moito.

Este ten unhas actuacións de diferentes artistas galegos...

Este trátase dunha versión dun poema do autor homenaxeado...

Aínda que mañá non temos clase , deixareivos por aquí un vídeo coa corrección do caderniño do Seminario Galán sobre as Letras Galegas.

Algúns vos retrasades un pouco na entrega de deberes, e non puiden montalo antes. Entendo que ás veces non é posible facelo, pero na medida en que poidades, intentade esforzarvos e entregar as cousas por semana e cando as pido.É por unha cuestión de organización.

En canto a Matemáticas, en documentos adxuntos tedes un caderniño. Facedes os problemas 1,2,3,4,5 e 6. Recordade :

DATOS

OPERACIÓN

SOLUCIÓN

Son moi sinxelos, pero teredes que pensar un pouco!

Por último, tedes aquí un xoguiño para repasar un pouco o reloxo.

http://www.ceiploreto.es/sugerencias/ecuador/matematicas/3_horas_y_minutos/index.html

Recordade, mañá temos no blog as corrección do caderniño de Galego e as correccións de Mate.

Mil bicos molones!

Xuntos estámolo conseguindo!

Lidia.-

AdxuntoTamaño
cuadernos-de-RESOLUCIÓN-PROBLEMAS_3º27-4-20.pdf1022.85 KB