Iniciar sesión: Acceso

blogue delidia

VENRES, 27 DE MARZO DE 2020

Bos días chic@s! Estamos tod@s?

Veña ese ánimo que xa é venres!

Propóñovos para esta tarde ou este finde algo que nós fixemos onte e foi moi divertido , “carreira de gusanos”. No vídeo vedes como se fan. Nós fixeos ademais unha especie de portería cos Lego para ver quen o metía antes. Fixemos unha manualidade e un pouco de exercicio!

Indicacións extra...a ver si facedes o gusano de 36 cm de largo e 4 cm de ancho, e as dobreces de 6 en 6 cm. E na cara...que se pareza a min! A ver como me debuxades!

Se non tedes regra, facédeo do largo do libro de Mate e do ancho de tres dedos. Logo as dobreces as facedes para que sexan iguais. E se non tedes unha palliña para soprar, pois non pasa nada, sen ela.

Sairon os problemas de onte? A continuación paso a poñervos os resultados dos 4 problemas de Mate para correxilos.

- Pablo tiene 20 años.

- Tiene 63 canicas.

-Tiene 138 cromos.

-Duró 36 días.

En canto o traballo para hoxe, apuntade:

Matemáticas

Páxina 119 exercicio 11. Tedes que dicir cantos ovos son para cada un.

Deixovos nos documentos adxuntos unha folla con operacións que copiades e facedes na libreta.  Van tamén os resultados, non sexades tramposos, que é para que o empreguedes para correxir.

Ciencias Naturais

Tedes que ler de novo do tema 2 as páxinas 22,23,24 e 25 e facer os exercicios da páxina 30, o 2 e o 6.

Deixovos tamén un enlace a un test, tedes que facer o número 3, las plantas.

https://www.testeando.es/3-Primaria-Ciencias-sociales-y-naturales-55

(se vos dá algún problema , non o fagades, non fai falta que vos rexistredes)

Mirade que vídeo máis bonito, igual o conto é algo infantil para vós, pero paréceme que a idea de facelo así é moi interesante. Anímovos a intentar reproducilo...

E a clase de hoxe vai adicada  a ...Emilio. Pola súa creatividade e como é tan detallista nas manualidades, eu penso que lle pode gustar. É un vídeo para facer pulseras, e pensei que podíamos facelas todos e así cando volvamos a clase con elas postas, quitámolas e facemos algo con elas. Será o noso homenaxe a terlle gañada a batalla ao coronavirus, que vos parece?

https://www.pequeocio.com/como-hacer-pulseras-de-macrame/

Que se note que é fin de semana chic@s, facede algo especial, poñédevos máis guapos, montade a mesa para comer ou cear máis elegante, facédelle un agasallo a alguén de sorpresa...

Mil bicos!

ÁNIMO E QUEDADE NA CASA!

XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!

LIDIA

Xoves, 26 de Marzo de 2020

Xoves, 26 de Marzo 2020

Bos días chic@s! Estamos tod@s?

XA a piques de rematar esta segunda semana, e agora pensado , a que non parece tanto?

Nós onte, como fixo un día tan soleado, estivemos todo o día no xardín. Olvidámonos da cociña, dos experimentos e do deporte...sair da rutina de cando en vez tampouco está mal!

Encantáronme os vosos correos electrónicos, fáltanme os de Martín e Nadia. A ver si hoxe sacades un momentiño e me mandade un.

Tedes experiencias coa xerminación bastante diferentes. Lucas aínda non conseguiu ver nada (pero é cuestión de tempo) y a de Ianire xa ten ata follas! Gustoume moito a idea de Antonio, que plantou unha pataca coa súa avoa e xa ten unha planta fermosísima.

Xogástedes onte co xogo dos sustantivos? Olvideime de decirvos que podíades preparar algún paquetiño sorpresa para quen ganase se xogades con alguén máis. Revisade que todos os substantivos propios estean con maiúscula!

En canto as correccións de C.Naturais. Revisade o exercicio que fixéstedes a ver si ten algo que ver con isto:

Miro o semáforo e vexo que está en vermello. O vermello (órgano dos sentidos) envía esa información ao cerebro (sistema nervioso). No cerebro elabórase a resposta: espero ata que se poña verde para cruzar a rúa. Cando o semáforo se pon verde levo a cabo a resposta e comezo a camiñar(aparello locomotor).

O traballo para hoxe vai ser o seguinte:

MATEMÁTICAS

Páxina118 exercicio 8 (eses 4 problemas). Recordade poñer DATOS-OPERACIÓN-SOLUCIÓN para resolvelos.

En documetos adxuntos tamén vos deixo un encrucillado matemático, copiádelo na libreta e completádelo.

LINGUA GALEGA

Póñovos un enlace a unha fantástica páxina de lendas galegas. Tedes que ler a lenda que vos aparece e copiar na libreta de Lengua Castellana o texto que fala en concreto da aparición da galiña cos pitos de ouro (pista: son os dous últimos parágrafos).

Preguntádelle a vosa familia se coñecía a lenda , e si non é o caso, quedade como auténticos historiadores contándolla!

Cando todo o coronavirus por fin se pire, será unha boa excursión ir a visitar Libunca e recordar esta lenda.

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=3&id=421

Fai días que non vos recomendo unha aplicación. Ahí vai unha que a min me gusta moito para xogar con Manuel. Como tedes que poñer a idade dos participantes, adáptase ben a calquera.

Chámase FUN FAMILY TRIVIA.

E a clase de hoxe está adicada a...Sara e Celia! Como Sara visitou fai pouco o berce de Harry Potter e Celia tamén foi fai algún tempo, este vídeoé  para que o recordedes e poidades compartilo con todos.


Mil bicos chic@s!

Xunt@s conseguirémolo! Seguide quedando na casa!

Lidia

Mércores, 25 de Marzo de 2020

Bos días chich@s! Estamos tod@s?

Xa na metade da semana! Que tal vai todo?

Eu sigo buscando ideas para poñervos e pensando cousiñas para probar a facer en casa. Sigo coa nosa rutina e, como non, seguimos coa “cociña lambona”. Fai moito que non vos poño unha receita chula , póñovola hoxe! Onte fixemos donuts (bueno, algo parecido). Mirade que pintaza!

Clicade na imaxe para a receita (Sara, ti xa sabes, a adaptamos e listo, no? Fariña sen glute e para diante!). Por certo, eu non tiña moldes e fíxenos cun vaso grande para darlle a forma e cun chupito par facerlle o círculo do medio.

Gustouvos o conto de onte? Lucas díxome que lle encantara!

Hoxe imos traballar Lengua Castellana.

Colledes a táboa que vos deixei en documentos adxuntos, non fai falta imprimila, con copiala con curiosidade xa está. Collede unha regra, e sen non tedes, imaxinación! O borde dunha libreta ou un rotulador servirá para facer as líneas rectas.

Xa xogamos a isto en clase, trátase de que en tres minutos, completedes o maior número de datos posibles. Para escoller a letra coa que empezamos podemos facer varias cousas:

-tirar dous dados, facer a multiplicación e contar no abecedario ata a letra que ten ese número. Por exemplo, se me sae un 2 e un 6, será o 12, e a letra número 12 é o L (abecedario en castelán)

-dicir unha letra ao azar

-facer unha línea con cada unha das letras polas que empezan os nomes da vosa familia. Por exemplo, meu fillo chámase Manuel, pois fago unha rolda coa M.

Ciencias Naturais

Que tal vai esa xerminación? Contádemo nun correo electrónico!

Fichas repaso Primeiro Trimestre. Facedes tres fichas, polos dous lados. Son faciliñas, no? Esas fichas teñen un aprende na parte superior, é un repaso, lédelo e despois vos poñedes a traballar.

Recordade que a aula virtual segue activa por si hoxe rematades pronto o traballo e queredes pasarvos por alí.

A clase de hoxe voulla adicar a....ANTONIO. Como lle gustan tanto as Matemáticas ahí vai este truco par que te quedes con todo o mundo. Practicádeo, e logo facedes videochamada a alguén para poñelo en práctica!

Clicade na imaxe!

Mil bicos chic@s!

Seguide animados! Xuntos conseguirémolo!

LIDIA.-

VÍDEO TERCEIROMOLONDEVALON

PARA QUE VOS ANIMEDES UN POUCO, DEIXOVOS ESTE VÍDEO TAN CHULO....ESPERO QUE NOS VEXAMOS MOI PRONTO!

XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!Risa

EU QUEDO NA CASA!Guiño

LIDIA.-

(PINCHADE NA IMAXE PARA VELO!)

Martes, 24 de Marzo de 2020

Bos días chic@s!

A polo mares! Estamos todos sentados, no? Por certo...donde traballades? Eu na cociña, mirade que lugar de traballo teño máis chulo! Cumple todos os requisitos de lugar de traballo que vós tamén teriades que ter, luminoso, tranquilo, con espazo suficiente para ter todas as miñas cousas e procurar que sempre sexa o mesmo, o cal favorece a miña concentración.

Algún se aventurou a facer o volcán? Mandádeme foto que quero velo!

En canto ao día de onte, o máis chulo que fixemos foi facer un xogo con materiais que tiñamos pola casa e que resultou moi chulo. A algúns que me escribístedes onte ao correo, xa vos din a primicia, para os demais aí vai!

E un xogo de E.Física que tamén ides a poder ver no blog específico, pero que vos adianto neste. Deixovos a foto de como nos quedou a nós , xa que en lugar de imprimilo, collimos cartón, tapóns, pegamento e cinta e o construímos.

Nos documentos adxuntos tedes a información e as normas.

Animádevos a probalo, é moi divertido para mover o cu!

O traballo de onte, supoño que non tería dificultade, pero si algo non entendéstedes, preguntádeme sen problema ningún. Revisade as operación coa calculadora (unha vez feitas! Non sexades tramposillos!).

Hoxe imos repasar L.Galega, e como é martes e toca facer resumo na libretiña, pois xa imos facer todo xunto.

Entrades neste enlace e escoitades o conto, e logo facedes o resumo na libreta (80 palabras por favor). Atendede que estamos en Galego e polo tanto haberá que facelo nesta lingua.

https://youtu.be/HnCa2guha28

Agora colledes C.Naturais.

Páxina 19, exercicio 9. Para este exercicio ides ter que repasar a función de relación da páxina 14.

Deixovos agora un enlace para repasar un pouco o tema dos animais, entrade e clicades donde pon "accede al juego".


https://www.aulapt.org/2019/05/02/juego-online-cuanto-sabes-sobre-animales-vertebrados/?fbclid=IwAR3W1hgvSpaekrId_839Nwki-5dDyiEtbJPxPv4VMXp8I3Akt2hIkBOgKb4

E como hoxe é martes, toca axedrez! Ahí vos vai de novo o enlace a páxina web para practicar un pouco.

Recordade que o máis sinxelo é escoller "partida contra a máquina".

E para rematar, quero adicarlle a clase de hoxe a dúas pitiflauticas (como diría un compañeiro que tiven), Ianire e Nadia, que seguro que lles vai facer ilusión ir xuntas.

Hoxe lévovos de excursión! Metede auga e un bocata na mochila porque alá imos...a París!

O vídeo está en francés, pero así practicades para cando vaiades.BesoBeso

ÁNIMO CHIC@S!

XUNTOS CONSEGUIRÉMOLO!

BICOS !!

LIDIA.-

Distribuir contido