Skip to Content

Reserva de praza.

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 17 de marzo de 2007 (DOG 19) pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado, INFORMAMOS  QUE:

O prazo de reserva de praza nos centros é do 1 ao 15 de febreiro.

O alumnado de sexto curso deberá presentar no centro "IES PORTA DA AUGA" no prazo establecido o anexo I debidamente cumprimentado. O impreso facilitaráselle ao alumnado desde o centro ou nesta web.

O resto de alumnos martriculados no centro non teñen nada que aportar, xa que se lle fai a reserva internamente.

Os impresos para a reserva de praza, solicitude de admisión e matrícula pódense descargar desde o apartado SECRETARIA/IMPRESOS.

Un día para a reflexión...DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos no centro o DIA DA PAZ E NON VIOLENCIA, en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi o home que coas súas accións de non violencia conseguiu a independencia da India e foi asasinado nese mesmo día en 1948. Tamén se lembra a morte doutro pacifista Martin Luther King que coa non violencia fixo cambiar o sentir de moitas persoas no mundo e especialmente nos Estados Unidos.

Mural infantil 4 anos

 "AS SEMENTES DA PAZ MEDRAN NOS NOSOS CORAZÓNS"

No centro desenvolvéronse distintas actividades en conmemoración do DIA DA PAZ:

Lectura dun manifesto elaborado polos alumnos de sexto curso.

Gardamos un minuto de silencio a favor da Paz e Non Violencia.

Elaboramos unha alfombra coas  bandeiras das diferentes nacionalidades.

Escoitamos e cantamos a canción " Tempo de cambiar"

Realizáronse carteis, debuxos e murais representativos da PAZ e NON VIOLENCIA.

Mural infantil 3 anos

 

Inmersión verán 2009

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009. Poderán solicitar estas axudas o alumnado de 6º curso de Educación Primaria. Prazo aberto ata o 9 de febreiro.

http://www.edu.xunta.es/axudasle

E despois dos Reis...volta ao cole!

O xoves, 8 de xaneiro de 2009, reanudamos a actividade no CEIP Gregorio Sanz, en horario de mañá (10:00 a 13 horas) e de tarde ( 15:00 a 17:00 horas). Titoría de nais/pais os luns de 17:00 a 18:00 horas.

Desexamos a toda a comunidade un FELIZ 2009

Chegou o Nadal!

O  venres, 19 de decembro, a partir das 10:30 horas, tuvo lugar no Auditorio Municipal o Festival do Nadal.. Para coñecer o programa de actuacións prema no seguinte ENLACE.

 BO NADAL!

 

Un futuro por compartir en igualdade!

Obradoiros na aula como alternativa coeducativa para compensar as desigualdades socializadoras respecto do rol sexual. DESCARGA

 

 

Contos para falar!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto con oito editoriais galegas colaboran na organización dun variado programa de actividades lúdicas para o fomento da lectura e do idioma galego.

 

No noso Centro desenvolvéronse diferentes actividades para todo o alumnado e adaptadas a cada grupo de idade, os días 2 e 5 de decembro,  

na biblioteca escolar.

O alumnado recibiu  de agasallo un libro e unha camiseta. 

Para rendir máis...almorzar mellor!

O almorzo é a primeira comida do día, un mais importante, pero tamén, ás veces, una descuidada máis. Para Fomentar una inxesta dun almorzo equilibrado

Almorzo san

de una base de Cereales, lácteos froitas e, celebramos no dia O Colexio do almorzo o para San 1 º Ciclo de Primaria.

Proveito Bo!

Eleccións ao Consello Escolar

Terán lugar no mes de novembro. Recomendamos a toda a comunidade educativa unha activa participación no proceso.

Xa chegou o Outono!

Celebramos a Festa do Magosto o xoves, 30 de outubro, con distintas actividades: 

 Mural colectivo

Lembrando a orixe do Magosto e a  importancia que tivo na sociedade doutros tempos o castiñeiro e a castaña.

Degustación de castañas asadas amenizada con gaiteiros.

Fixéronse  exposicións de froitos  do outono nos corredores do Centro.

Elaboramos distintos murais e carteis relativos ao Magosto.

Con esta festa démoslle a benvida ao outono.

Mural
Distribuir contido


by Dr. Radut