No curso 2018-2019 o alumnado de Ed Primaria levarán a cabo un proxecto de acción directa sobre o medioambiente, limpeza e recuperación de zonas degradadas, plantacións, etcétera— proxectos de reciclaxe, redución, reutilización e tratamento de residuos, protección de fauna e flora, estudo, investigación, consumo responsable e desenvolvemento sostible. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Voz Natura e incluida na PXA Darase especial protagonismo á preservación e coidado dos montes: Santa Cruz e Monte Comado co obxectivo de valorar a riqueza dos montes e bosques galegos conservación da súa biodiversidade e sensibilización social co o medio ambiente
O 29 de marzo cuarto curso de Ed. Primaria realizaron unha saída ao monte de Santa Cruz para observar a flora e coñecer o valor patrimonial e cultural desta zona. Alí plantaron unhas árbores autóctonas. Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto Voz Natura e está incluída na P.X.A.
O pasado luns, 20 de xuño, os alumnos/as de 4º curso fomos de excursión ata o nacemento do río Eo.
O río Eo, nace en Fonteo, Baleira, na provincia de Lugo e desemboca no Mar Cantábrico, formando a ría de Ribadeo, entre Ribadeo(Galicia) e Castropol (Asturias). Atravesa as poboacións de A Pontenova, Ribeira de Piquín en Lugo e Abres e Vegadeo en Asturias.
Ese día saímos do colexio sobre as 10 en autobús e cando chegamos a Fonteo xa todos estábamos cansos porque a viaxe durara aproximadamente hora e media.
Antes de ver a fonte, sentámonos arredor dunhas mesas de pedra que había alí para completar uns cadernos de traballo que nos deran as nosas profesoras sobre o río Eo. Cando por fin fomos ver a fonte a auga parecía cristalina porque se vía o fondo do río.
Volvemos coller o autobús e fomos visitar a Pontenova, pasamos por tres pontes cruzando o río Eo. Despois fomos ata Trabada, onde xantamos nunha área recreativa.
A continuación visitamos unha pequena praia no río e xa por último fomos a ver a depuradora da auga que bebemos en Ribadeo, que está en Santa Cruz.