Skip to Content

Agregador de novas

A Xunta concede axudas para a matrícula de Máster oficial de 85 persoas desempregadas

Novas da Consellería - Ven, 01/01/2021 - 07:05

Summary: 

Obtivéronas todos os solicitantes que cumprían os requisitos da convocatoria O obxectivo é mellorar as perspectivas de incorporación destas persoas ao mercado de traballo Idioma Gallego

A Xunta publica a través do  Portal Educativo as axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster, a través da que se lle subvenciona a matrícula a 85 persoas no curso académico 2020/2021, todas as que solicitaron a axuda e cumprían os requisitos. O obxectivo é apoiar aos titulados universitarios en situación de desemprego co fin de mellorar as súas perspectivas de incorporación ao mercado de traballo. A resolución sairá publicada no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días.

Dos beneficiarios, 50 son mulleres e 35 son homes. Por universidades, 22 realizan o máster na Universidade da Coruña, 16 na de Santiago e 47 na de Vigo.

En función do tipo de máster que curse o beneficiario o importe máximo de axuda é de 835,80 € e o mínimo de 591 €. A contía de cada axuda individual cubre o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario, segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 102/2020, do 9 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema Universitario de Galicia.

Para solicitar a axuda as persoas candidatas debían estar en situación de desemprego á data de presentación da solicitude, ter rematados os estudos universitarios que lle dean acceso aos estudos do máster universitario con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2018 e estar matriculadas no curso académico 2020/21 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do SUG, dun mínimo de 60 créditos excluídos os créditos recoñecidos, convalidados ou adaptados.

Desde o inicio desta convocatoria, no curso 2013/14, concedéronse 596 destas axudas, por un importe total de 719.895,31€

Información xeral Universidade Consellería de Cultura, Educación e Universidade Alumnado

A Xunta licita por preto de 800.000 € a mellora das instalacións no CEIP de Curtis, no IES Primeiro de Marzo de Baiona e no IES Torrente Ballester de Pontevedra

Novas da Consellería - Mér, 30/12/2020 - 08:48

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que terán un prazo de execución de dous meses Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vai investir preto de 800.000 euros en varias obras de mellora tanto enerxética como funcional no CEIP de Curtis, no IES Primeiro de Marzo de Baiona e no IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, o que incidirá nunha mellor ventilación destes tres centros educativos de acordo co protocolo covid. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a licitación destas tres obras de forma conxunta a través do portal Contratos de Galicia, todas elas cun prazo de execución de dous meses.

CEIP de Curtis

Cun orzamento de licitación de 236.379,89 euros, no CEIP de Curtis as actuacións consisten na substitución de carpinterías exteriores para mellorar as condicións e ventilación, así como instalación de radiadores en aseos e a instalación de luminarias LED.

Así mesmo tamén se procederá á renovación de pavimento nas aulas do edificio principal e a realización de reformas interiores en despachos aseos e patio interior.

IES Primeiro de Marzo de Baiona

No IES Primeiro de Marzo de Baiona procederase á substitución das carpinterías exteriores do edificio principal, tanto en aulas como en talleres e despachos, por outras novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica.

Ademais, co obxecto de aumentar a superficie de ventilación dos ocos, as ventás a instalar terán apertura oscilobatente. E tamén se instalarán persianas enrollables de aluminio. O orzamento de licitación desta obra é de 292.790 euros

IES Torrente Ballester de Pontevedra

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de licitar por un importe de 250.325,28 euros as obras de mellora das carpinterías no IES Torrente Ballester de Pontevedra.

A actuación consiste na renovación das carpinterías exteriores do instituto por outras novas con apertura oscilobatente que contribuirán á mellora da ventilación das aulas.

Todas estas obras responden ao obxectivo do Goberno galego de mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas, e para o cal o departamento educativo do Goberno autonómico ten programado obras por un importe de máis de 51 M€ en centros de toda Galicia.

Así, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplan tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM) e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación...), entre outras.

Construcións e melloras Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

Novas da Consellería - Mér, 30/12/2020 - 08:22
Idioma Gallego

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

  • O prazo de solicitudes abranguerá do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos.
  • A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

Normativa de aplicación

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

File: 

Anexo I Anexo I bis

Servizo relacionado: 

Admisión alumnado

Tema: 

Programas e plans Escolarización

Ensinanza: 

Educación infantil Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Alumnado Familias Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

A Xunta licita por preto de 293.000 € a mellora das instalacións do IES Primeiro de Marzo de Baiona

Novas da Consellería - Mér, 30/12/2020 - 08:12

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que terán un prazo de execución de dous meses Idioma Gallego

 A Xunta de Galicia vai investir preto de 293.000 euros nas obras de mellora enerxética e funcional do IES Primeiro de Marzo, de Baiona, o que incidirá nunha mellor ventilación neste centro de acordo co protocolo covid.

A través do portal Contratos de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a licitación desta obra de forma conxunta xunto coas do CEIP de Curtis e do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra), todas elas cun prazo de execución de dous meses e un investimento que acada os preto de 800.000 euros entre as tres actuacións.

Neste IES procederase á substitución das carpinterías exteriores do edificio principal, tanto en aulas como en talleres e despachos, por outras novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica.

Ademais, co obxecto de aumentar a superficie de ventilación dos ocos, as ventás a instalar terán apertura oscilobatente. E tamén se instalarán persianas enrollables de aluminio. O orzamento de licitación desta obra é de 292.790 euros

Mellora de infraestruturas e equipamento

Esta obra enmárcase no obxectivo do Goberno galego de mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas, e para o cal o departamento educativo do Goberno autonómico ten programado obras por un importe de máis de 51 M€ en centros de toda Galicia.

Así, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

 

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplan tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM) e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación...), entre outras.

Construcións e melloras Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros

A Xunta licita por 250.000 € a mellora das instalacións do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra

Novas da Consellería - Mér, 30/12/2020 - 08:09

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que terán un prazo de execución de dous meses Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vai investir algo máis de 250.000 euros nas obras de mellora enerxética e funcional do IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra, o que incidirá nunha mellor ventilación neste centro de acordo co protocolo covid.

A través do portal Contratos de Galicia, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a licitación desta obra de forma conxunta xunto coas do CEIP de Curtis e do CEIP Primeiro de Marzo (Baiona), todas elas cun prazo de execución de dous meses e un investimento que acada os preto de 800.000 euros entre as tres actuacións.

Cun orzamento de licitación de 250.325,28 euros, as obras a acometer no IES Torrente Ballester consisten na renovación das carpinterías exteriores do instituto por outras novas con apertura oscilobatente que contribuirán á mellora da ventilación das aulas.

Mellora de infraestruturas e equipamento

Esta obra enmárcase no obxectivo do Goberno galego de mellorar as infraestruturas e equipamentos escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas, e para o cal o departamento educativo do Goberno autonómico ten programado obras por un importe de máis de 51 M€ en centros de toda Galicia.

Así, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplan tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM) e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación...), entre outras.

 

Construcións e melloras Educación secundaria obrigatoria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros

A Xunta licita por preto de 300.000 euros a mellora da cuberta do CEIP Mariñamansa, en Ourense

Novas da Consellería - Mér, 30/12/2020 - 08:03

Summary: 

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de iniciar a contratación das obras, que teñen un prazo de execución de tres meses Idioma Gallego

A Xunta de Galicia vén de licitar as obras da renovación da cuberta do CEIP Mariñamansa, en Ourense, por un importe de preto de 300.000 euros e tres meses de execución. O procedemento de licitación iniciado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade pode consultarse no portal Contratos de Galicia.

Segundo o proxecto técnico aprobado, a intervención consiste nas obras de renovación da cuberta do edificio deste CEIP. Deste xeito, procederase a substituír os 2.200 metros cadrados da cuberta de fibrocemento con tella cerámica por outra realizada en chapa metálica tipo sándwich.

Esta actuación enmárcase dentro da aposta do Goberno galego pola mellora das infraestruturas e equipamentos dos centros escolares co obxectivo de acadar o máximo confort nas aulas. Nesta liña o departamento educativo do Goberno autonómico programa este ano obras e equipamento de máis de 51 M€.

Así, no marco do Plan de Reactivación do Sector Construción para a mellora dos Centros Educativos incrementouse en 30 millóns máis dos previstos inicialmente para este ano, co fin de favorecer a creación de emprego, especialmente entre as pequenas e medianas empresas.

Co novo investimento programáronse un total de 535 actuacións de obra e equipamento. As obras contemplan tanto rehabilitacións integrais e de mellora da eficiencia enerxética como ampliacións, traballos de Reforma, Ampliación e Mellora (RAM) e rehabilitacións sectoriais (sobre as problemáticas máis comúns nos centros: cubertas, carpintarías exteriores, iluminación...), entre outras.

Construcións e melloras Educación infantil Educación primaria Consellería de Cultura, Educación e Universidade Centros

Resolución definitiva da convocatoria de Clubs de lectura para o curso 2020/21

Novas da Consellería - Mar, 29/12/2020 - 07:00
Idioma Gallego

Achégase arquivo da Resolución de 23 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai pública a relación definitiva de centros que reciben asignación para o funcionamento de clubs de lectura no curso 2020/21, ao abeiro da convocatoria de 29 de outubro de 2020, destinada a centros públicos de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que acollen ensinanzas de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas de rexime especial, para o curso 2020/21.

 

Anuncio principal: 

Convocatoria de Clubs de Lectura para centros públicos de ensino secundario de Galicia. Curso 2020/21

Tema: 

Plan LÍA Bibliotecas escolares

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial Ensinanzas de réxime especial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos Subdirección Xeral de Centros

Colectivo: 

Centros

A Xunta recoñece as boas prácticas en materia de educación inclusiva de oito centros educativos galegos

Novas da Consellería - Dom, 27/12/2020 - 09:04
Idioma Gallego

Summary: 

O galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa

A Xunta de Galicia acaba de recoñecer o traballo de oito centros educativos galegos co Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020, convocados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Este galardón ten como obxectivo impulsar a atención á diversidade e a inclusión educativa, difundir as boas prácticas de inclusión que se realizan nos centros docentes así como recoñecer o labor que, neste sentido, está a desenvolverse actualmente nos centros educativos.

Na categoría A, destinada a educación infantil e educación primaria, o primeiro premio é para o CEIP Plurilingüe Nº1 de Tui (Tui), o segundo para o CEIP Valle Inclán (Vigo) e o terceiro para o CEIP Apóstolo Santiago (Santiago de Compostela). O Centro de Educación Especial (CEE) de Panxón (Nigrán) obtén o accésit.

No caso da categoría B, destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial; o IES Xograr Afonso Gómez (Sarria) recibe o 1º premio, o IES Valadares (Vigo) o 2º e o CEE Manuel López Navalón (Santiago de Compostela) o 3º. O accésit é para o CIFP Paseo das Pontes (A Coruña).

Os centros galardoados co primeiro premio recibirán 5.000 €, os que obtiveron o segundo 2.500 € e os do terceiro 1.000 €, mentres que os do accésit recibirán 500 €. Ademais, os centros premiados co primeiro premio obteñen o distintivo de Centro Educativo Inclusivo.

A comisión de selección valorou as boas prácticas realizadas a través da memoria presentada xunto coa solicitude de participación, tendo en conta aspectos como a calidade das accións, a coordinación docente, a implicación da comunidade educativa, a repercusión no proceso de ensino-aprendizaxe, a avaliación das accións, ou a súa repercusión a nivel de centro. Nun momento como o actual, de excepcionalidade motivado polo estado de pandemia, préstase tamén especial atención ao fomento da cultura inclusiva durante a suspensión da actividade lectiva presencial e a realización da actividade educativa a distancia.

As iniciativas premiadas poderán ser difundidas pola Consellería como boas prácticas de inclusión educativa, co fin de promover unha escola que compense as desigualdades, na que se axusten as intervencións educativas e o currículo á diversidade do alumnado e, en definitiva, unha educación que garanta o estímulo das capacidades de todo o alumnado e contribúa á creación de contornos e culturas inclusivas.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Un total de 56 centros educativos incorpóranse ao programa 'Club de Letras' para fomentar as competencias lingüísticas

Novas da Consellería - Sáb, 26/12/2020 - 08:09
Idioma Gallego

Summary: 

A temática principal deste curso xira en torno ao coidado persoal e a atención ás persoas en situación de vulneabilidade O club está formado por profesorado e alumnado do centro e as actividades deseñadas deberán realizarse fóra do horario lectivo Ademais dos centros de nova incorporación, dáse continuidade aos 30 centros pioneiros que estrearon o programa por primeira vez o pasado curso

Un total de 56 centros escolares (a razón de 22 pola provincia da Coruña, sete pola de Lugo, outros sete pola de Ourense e 10 pola de Pontevedra) incorpóranse este ano ao programa Club de Letras, unha iniciativa que a Consellería de Cultura, Educación e Universidade implantou por primeira vez no pasado curso co obxectivo de mellorar as competencias lingüísticas, tanto orais como escritas, do alumnado a través de distintas actividades que fomenten o debate, a reflexión e a lectura crítica.

O departamento educativo da Xunta de Galicia destina un total de 100.000 euros a esta convocatoria, e cada un dos centros recibirá unha achega económica de 1.000 euros para a posta en marcha do programa. Ademais dos 56 centros de nova incorporación nesta segunda convocatoria, dáse continuidade aos 30 que se incorporaron na convocatoria pioneira do ano pasado.

O club está formado por alumnado e profesorado e será coordinado por unha das persoas docentes participantes. As actividades que os centros deseñen no marco do Club de Letras desenvolveranse fóra do horario lectivo e o tempo dedicado a esta actividade deberá chegar a, polo menos, unha media de catro horas ao mes desde que se inicia o proxecto ata que finaliza o período lectivo do curso.

Este curso a temática xira en torno ao coidado, abordado desde unha perspectiva de responsabilidade e corresponsabilidade nas tarefas e nos labores necesarios para a atención das persoas que están a padecer unha situación de vulnerabilidade causada pola enfermidade, pola pobreza, pola soidade, pola dor, pola violencia de xénero, pola LGTBIfobia ou outras circunstancias. Esta vulnerabilidade mesmo puido producirse e/ou agravarse durante o período de confinamento vivido a raíz da pandemia da covid-19 e podería abordarse a temática do coidado neste contexto.

Os proxectos realizados sobre este tema poderán abordarse desde un punto de vista literario, artístico, filosófico ou histórico; e poderán centrar o seu foco de interese na actualidade, en anteriores etapas da historia ou conxugando ambos os dous enfoques.

O Club de Letras defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco o profesorado suxire diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais. Fundaméntanse, polo tanto, nunha metodoloxía baseada no descubrimento, a indagación, o debate, a lectura reflexiva, a análise crítica, a creación e a aprendizaxe colaborativa.

No caso da educación primaria, a iniciativa achegarase a estes eidos do coñecemento fundamentalmente a través da escritura creativa, a exploración e creación artística, a lectura reflexiva e fomentando, de ser posible, unha achega lúdica e dinámica. Na educación secundaria e bacharelato procurarase unha visión transversal e interrelacionada das manifestacións literarias e artísticas, abordando perspectivas filosóficas e/ou históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade de fomentar competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.

Listado de centros

Provincia da Coruña:

A Coruña

CEE Nosa Señora do Rosario

A Coruña

CEIP Alborada

A Coruña

IES A Sardiñeira

A Coruña

IES Plu Eusebio da Guarda

A Coruña

IES Ramón Menéndez Pidal

A Pobra do Caramiñal

CEP Pilar Maestú Sierra

Ames

CEIP de Barouta

Arteixo

IES Manuel Murguía

Baio

IES Maximino Romero de Lema

Cee

IES Agra de Raíces

Dodro

CPI Plu Eusebio Lorenzo Baleirón

Ferrol

CEIP Plu A Laxe

Ferrol

IES Sofía Casanova

Moeche

CEIP San Ramón

Muros

IES As Insuas

Oleiros

IES María Casares

Padrón

IES Camilo José Cela

Ponteceso

IES Eduardo Pondal

Santiago de Compostela

CEE A Barcia

Santiago de Compostela

CEIP Pío XII

Santiago de Compostela

IES Lamas de Abade

Toques

CEIP Plu de Toques

 

Provincia de Lugo:

Begonte

CEIP Virxe do Corpiño

Lugo

IES Xoán Montes

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Outeiro de Rei

CEIP Laverde Ruiz

Sarria

IES Xograr Afonso Gómez

Seoane do Courel

CPI Poeta Uxío Novoneyra

Vilalba

IES Santiago Basanta Silva

 

Provincia de Ourense:

O Barco de Valdeorras

IES Lauro Olmo

Ourense

CEIP Manuel Sueiro

Ourense

IES 12 de Outubro

Ourense

IES Ramón Otero Pedrayo

Sarreaus

CEIP de Sarreaus

Xinzo de Limia

IES Cidade de Antioquía

Xunqueira de Ambía

CEIP Padre Crespo

 

Provincia de Pontevedra:

Fornelos de Montes

CEIP Doutor Suárez

Lalín

IES Laxeiro

Moaña

IES As Barxas

O Rosal

CPI Manuel Suárez Marquier

Ponteareas

CEIP Fermín Bouza Brey

Ponteareas

CEIP Nosa Señora dos Remedios

Ponteareas

IES do Barral

Pontevedra

CEIP de Vilaverde-Mourente

Pontevedra

IES A Xunqueira II

Pontevedra

IES Valle-Inclán

Redondela

CEIP de Laredo

Redondela

IES Pedro Floriani

Salvaterra de Miño

IES Salvaterra de Miño

Silleda

IES Plu Pintor Colmeiro

Vigo

IES Alexandre Bóveda

Vigo

IES Carlos Casares

Vigo

IES de Teis

Vigo

IES Valadares

Vila de Cruces

CEIP Plu de Cerdeiriñas

Vila de Cruces

IES Marco do Camballón

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade Profesorado Alumnado Centros

Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de ESO e bacharelato

Novas da Consellería - Mér, 23/12/2020 - 08:03
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Resolución pola que se convoca procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato

Resolución do 23 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia de relixión católica, no nivel de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, nos centros docentes públicos que dependen desta consellería. (702400) (código de procedemento ED003A)

Achéganse resolución, o baremo provisorio e a relación provisoria de persoas excluídas.  

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, sistemas e aplicacións informáticas

Novas da Consellería - Mar, 22/12/2020 - 09:02
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Resolución do 22 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de sistemas e aplicacións informáticas (591227).

Achéganse resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de FP, mecanizado e mantemento de máquinas

Novas da Consellería - Mar, 22/12/2020 - 08:58
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Resolución do 22 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores técnicos de formación profesional, especialidade de mecanizado e mantemento de máquinas (591211).

Achéganse resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.

 

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de PES, informática

Novas da Consellería - Mar, 22/12/2020 - 08:54
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP

Resolución do 22 de decembro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia no corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de informática (590107).

Achéganse resolución, o baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.

Servizo relacionado: 

Listas de substitucións

Tema: 

Interinidades e substitucións

Ensinanza: 

Educación secundaria obrigatoria Bacharelato Formación Profesional inicial

Departamento: 

Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Colectivo: 

Profesorado

Román Rodríguez recoñece e agradece o esforzo da comunidade educativa, que foi clave para pechar con éxito o primeiro trimestre do curso

Novas da Consellería - Mar, 22/12/2020 - 08:23
Idioma Gallego

Summary: 

O titular de Educación subliñou a especial implicación dos alumnos, dos docentes e dos equipos directivos, grazas aos cales os centros educativos foran lugares seguros ante a covid, xa que as cifras constatan que non houbo transmisión interna Na xuntanza tamén se informou das novidades do procedemento de admisión para o vindeiro curso, cuxa Orde publica hoxe o Diario Oficial de Galicia O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade reuniuse coa Xunta Autonómica de Directores para facer balance destes tres meses

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, reuniuse esta mañá coa Xunta Autonómica de Directores, para facer balance do primeiro trimestre do curso e escoitar as principais demandas de cara ao vindeiro trimestre de xeito que se siga desenvolvendo con todas as garantías de seguridade sanitaria, como ata o de agora.

Román Rodríguez cualificou de “moi intenso” este trimestre, sobre todo polo grande esforzo e implicación do alumnado e as súas familias, do profesorado dos equipos directivos e do persoal non docente, aos que agradeceu, en nome do Goberno e da sociedade, o traballo desenvolvido.

Precisamente a implicación da comunidade educativo fixo posible que os centros educativos foran lugares seguros ante a pandemia, tal e como reflicten os datos de casos, que constatan que non son lugares de transmisión da covid. En todo caso, aproveitou para facer un chamamento a “non baixar a garda” durante este Nadal para que o vindeiro trimestre tamén se desenvolva con éxito.

Román Rodríguez tamén agradeceu as achegas da comunidade educativa para poñer en marcha distintas iniciativas e ferramentas que axudaron a que o proceso de ensino-aprendizaxe se desenvolvera coa máxima normalidade dentro do contexto excepcional de pandemia. Neste sentido referiuse a aos distintos protocolos específicos para cada da ámbito (extraescolares, comedores, alumnado con necesidades,...), a creación das comisións de absentismo ou o Plan de ensino virtual, entre outros.

Así mesmo, puxo en valor o esforzo da Administración autonómica coa contratación de 2.300 novos profesores que se incorporaron ao sistema educativo garantindo o ensino presencial ao cen por cen; a dotación do Fondo de Garantía Covid que permitiu a blindaxe dos centros desde o punto de vista hixiénico-sanitario; e os plans de formación iniciados neste trimestre e que se van ver reforzados no vindeiro con cursos específicos para persoal docente e non docente.

Proceso de admisión para o vindeiro curso

Así mesmo, no decurso da xuntanza informouse das novidades do procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2021-22, e cuxa Orde publica hoxe o Diario Oficial de Galicia.

A principal novidade desta Orde é a que atinxe aos prazos de reserva de praza no caso do alumnado que remata etapa nun centro escolar e ten que reservar praza nun centro adscrito. Nestes casos, o prazo de presentación da documentación para a reserva de praza será do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro, ambos inclusive. Ata o de agora ese prazo era do 1 ao 15 de febreiro.

No que atinxe aos nenos que entran por primeira vez no sistema (maioritariamente de 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato que queiran cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles, os prazos xerais de solicitude de admisión mantéñense do 1 ao 20 de marzo, como ata o de agora.

Os trámites poderán facerse de xeito telemático a través da aplicación ‘admisionalumnado’ que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de EI, EP, ESO e bacharelato

Novas da Consellería - Mar, 22/12/2020 - 06:11
Idioma Gallego

Xúntase a Orde do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

File: 

Orde do 18 de decembro de 2020

Tema: 

Información xeral

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral

Departamento: 

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Colectivo: 

Familias Centros

Resolución definitiva dos centros seleccionados do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 para os centros docentes públicos durante o curso escolar 2019-2020

Novas da Consellería - Lun, 21/12/2020 - 07:48
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocatoria do Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020

Xúntase a Resolución definitiva do 18 de decembro de 2020, pola que se fai pública a relación de centros premiados conforme ao disposto no apartado 7 da Resolución do 29 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca o Premio Boas Prácticas de Educación Inclusiva 2020 para os centros docentes públicos dependentes desta consellería durante o curso escolar 2019/20.

Tema: 

Atención á diversidade Premios autonómicos

Ensinanza: 

Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación das persoas adultas

Departamento: 

Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Atención á diversidade e orientación

A Xunta concede axudas a 28 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro, o maior número desde que existe a convocatoria

Novas da Consellería - Lun, 21/12/2020 - 06:39
Idioma Gallego

Summary: 

O importe total da convocatoria ascende a 165.000 euros

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de conceder un total de 28 axudas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, por un importe total de 165.000 euros.

Trátase do maior número de concesións desde que se realizan convocatorias para escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro, e que teñan entre os seus obxectivos a formación en ensinanzas de música que non conduzan a títulos académicos ou profesionais. De feito, en 2019 concedéronse axudas a 23 escolas, no 2018 a 14 e no 2017 obtivérona 15 escolas.

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria, da que se benefician centros de 24 concellos de toda Galicia. En concreto, na provincia da Coruña recibirán axudas escolas de Cambre, A Coruña, Rianxo, Santiso e Teo; na de Lugo, unha escola de Antas de Ulla e, na de Ourense, escolas de Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia. Na provincia de Pontevedra son beneficiarias escolas dos concellos de Agolada, Barro, Gondomar, Lalín, Mos, As Neves, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, O Rosal, Salceda de Caselas, Soutomaior, Vigo, Vilaboa e Vilanova de Arousa.

O obxectivo destas axudas é potenciar o funcionamento dos centros que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte das entidades sen ánimo de lucro que teñen entre os seus fins a formación musical. Cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.

Estas escolas abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto.

Estas subvencións son compatibles con outras axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou de entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Resolución definitiva de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" no curso 2020/21

Novas da Consellería - Lun, 21/12/2020 - 06:34
Idioma Gallego

Anuncio principal: 

Convocada a participación no programa de innovación educativa “Club de Letras” para centros docentes públicos durante o curso 2020/2021

Xúntase a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados para participar no programa de innovación educativa "Club de Letras" para centros públicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no curso 2020/21.

Tema: 

Igualdade Plans e actuacións en innovación educativa

Ensinanza: 

Educación primaria Educación secundaria obrigatoria Bacharelato

Departamento: 

Subdirección Xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Ordenación Educativa

Colectivo: 

Profesorado Centros

Sección: 

Boletín Portada de boletín

A Xunta concede os premios de ESO ao esforzo e superación persoal de ESO a 20 estudantes

Novas da Consellería - Dom, 20/12/2020 - 06:50
Idioma Gallego

Summary: 

Valoran a capacidade de superación do alumnado que cursa 4º de Secundaria fronte ás dificultades, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publica no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se conceden os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2019/20. Estes galardóns recoñecen a capacidade de superación de dificultades de 20 alumnas e alumnos que estudaron nese curso 4º de Secundaria, ben sexan de tipo persoal, educativas ou de contorno familiar e sociocultural.

A Xunta destina un total de 15.000 euros para estes premios a razón de 750 euros por cada un dos 20 galardóns que se conceden. A relación de centros con estudantes galardoados é a seguinte:

Provincia

Localidade

Centro

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

A Coruña

A Coruña

IES Plurilingüe Rafael Dieste

A Coruña

A Coruña

CPR Plurilingüe Cristo Rey

A Coruña

Betanzos

IES Francisco Aguiar

A Coruña

Ferrol

IES Saturnino Montojo

A Coruña

Touro

CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz

Ourense

Verin

IES Xesús Taboada Chivite

Ourense

Ourense

IES Universidade Laboral

Ourense

Ourense

CPR Plurilingüe La Purísima (2)

Ourense

A Gudiña

CPI Plurilingüe Laureano Prieto

Pontevedra

Vigo

IES Valadares (5)

Pontevedra

Vigo

IES Álvaro Cunqueiro

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe El Pilar

Pontevedra

Nigrán

IES Val Miñor

Pontevedra

O Porriño

CPR Santo Tomás

 

Cómpre subliñar que o obxectivo final destes galardóns é que os premiados sexan un exemplo para compañeiros e compañeiras en situacións similares, poñendo en valor o especial esforzo que supón acadar o éxito na escola.

Información xeral Axudas e premios Educación secundaria obrigatoria Consellería de Cultura, Educación e Universidade

O conselleiro de Educación anuncia a apertura do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo) para o vindeiro curso 2021/2022

Novas da Consellería - Sáb, 19/12/2020 - 07:13
Idioma Gallego

Summary: 

Román Rodríguez e o alcalde de Sanxenxo comprobaron hoxe o avance dos traballos de construción do centro As obras evolucionan de xeito favorable, malia a demora derivada da pandemia Supón un investimento de máis de 4,5M€ por parte da Xunta de Galicia

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo), co alcalde, Telmo Martín, onde anunciou que o seu departamento ten previsto abrir o colexio para o curso 2021/2022. De feito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia puido comprobar o avance favorable das obras, malia a demora derivada da pandemia.

Tal e como explicou o conselleiro, actualmente está rematada a execución do edificio, e só resta a urbanización da parcela, que se fará en coordinación co Concello de Sanxenxo. Román Rodríguez subliñou que esta obra “representa o compromiso do Goberno galego co sistema educativo a través da dotación de novas infraestruturas nas zonas onde a dinámica poboacional o require”, como é o caso de Vilalonga.

O centro, que contará con 450 prazas, supón un investimento de máis de 4,5M€ para dar resposta ás necesidades de escolarización dunha zona na que o centro de referencia é o CEIP Cruceiro, moi antigo. Neste sentido, Román Rodríguez recordou que o Goberno galego centra os seus esforzos, de xeito prioritario, nos lugares nos que existe unha maior demanda de prazas escolares, ao tempo que se está a acometer unha renovación progresiva das instalacións educativas de toda Galicia, no marco do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas 2016/2021.

Características

O novo CEIP de Vilalonga alberga 18 aulas docentes (seis de infantil e 12 de primaria), catro aulas de apoio educativo, aula de usos múltiples, biblioteca, aulas de informática e música, ximnasio e comedor así como unha zona de administración que incluirá despacho do director, do xefe de estudos e de coordinación e orientación, secretaría e arquivos, sala de profesores, ANPAS, aseos e conserxería. Así mesmo conta cos servizos comúns correspondentes.

O edificio estrutúrase en tres plantas, pequeno semisoto, planta baixa e primeira. Na planta semisoto sitúanse as zonas de instalacións e o ximnasio, mentres que a planta baixa alberga os accesos ao centro, a sala de comedor-usos múltiples, sala de profesores, administración, aulas de infantil e desdobre, así como a biblioteca, aula de informática e un gran patio central. Na planta primeira están as aulas de primaria, a de música e a de orientación. Na zona sur na zona libre da parcela hai unha pista polideportiva.

O centro contará con accesos independentes para o tráfico rodado e para o peonil, así como cun terceiro acceso para persoas con mobilidade reducida. Así mesmo, estará dotado de aparcadoiros.

Información xeral Consellería de Cultura, Educación e Universidade
Distribuir contido


by Dr. Radut