Skip to Content

Actualidade

Nova plataforma de lectura dixital

Con motivo do dia do libro presentamos esta plataforma de lectura e préstamo de contidos dixitais, para favorecer o acceso á lectura de xeito gratuito dende calquer dispositivo. Para iso accedede ao noso blog onde poderedes ver en que consiste, instrucións, acceso e como solicitar o contrasinal.

Animádevos a empregar esta nova plataforma!

 

COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS/AS NO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022

Anuncio da apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CEIP Gregorio Sanz como colaboradores/as voluntarios/as nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2021-2022.

As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as ocolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2021-2022, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión que, habilitadas para este fin, se atopan en Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2021, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2021.

Durante o curso escolar 2021-2022 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas

Ribadeo, 30 de xuño de 2021

A dirección

PUBLICACIÓN LISTAXES FONDOLIBROS E VALES MATERIAL

Xa se poden consultar as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto no taboleiro dentro do colexio, ou accedendo ao estado da vosa solicitude na aplicación fondolibros coa Chave 365 ou certificado electrónico (lembramos que non podemos facilitar información por teléfono).

O prazo de reclamación é de dous días dende o da publicación das listaxes, é dicir, os días 30 de xuño e 1 de xullo, presencialmente no centro en horario de 9:30 a 13:00 horas.

Unha vez resoltas as reclamacións, publicaranse polo mesmo procedemento as listaxes definitivas. A data de publicación das listaxes definitivas será o 10 de xullo.

  • Entrega libros de texto do fondo ás familias de 3º e 4º de EP: en setembro. Comunicarase a través da web e/ou abalarmóbil.
  • Entrega de vales para a adquisición de libros de texto e material: do 1 ao 7 de xullo. Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerse a partires do día 1 de setembro na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30 horas.

AVISO PARA 4º DE E.P:

Á marxe do alumnado beneficiario que aparece nas listaxes de 4º EP, tamén entregaremos en setembro, a TODAS as familias que o desexen, o libro de inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut