No Ceip Gregorio Sanz, temos ben claro que a pandemia do coronavirus non ten porque amolar ás nosas nenas e nenos. Cumprimos protocolos, pero adaptamos as festas e tradicións celebrándoas dun xeito distinto co obxectivo de que estean presentes, algo diferentes... pero presentes.
Cada mes de febreiro chegaba e chega ao cole o TEMPO DE ENTROIDO presidido sempre polo MECO, un boneco que representa case sempre o “malo e ruín vivido ao longo do ano anterior”. Despois de comunicarnos os mandadiños, rematamos o venres 12 celebrando o ENTROIDO no cole . Para dar cumprimento os protocolos, nun estricto respecto ás normas hixiénico –sanitarias , os nenos/as separados por grupos estables de convivencia nas zonas establecidas de actuación non deixaron de desfrutar da orixinalidade e colorido do seu disfraz de temática libre, ambientado nunha coreografía con música mantendo viva a súa ilusión e alegría nesta conmemoración, xunto co profesorado e persoal non docente.
Queremos expresarlles o agradecemento na súa colaboración e compartir con vós ese día, xa que sentimos a vosa compaña no tradicional festival que se viña celebrando aberto ás familias.