Skip to Content

Plan de mellora da biblioteca

Plan de mellora da biblioteca

 

 

Encargado: José Teijeiro Menoyo 

 

  • Obxectivos:

_ Proporcionar ao alumnado acceso aos recursos locais, rexionais, nacionais e mundiais que lle permita pórse en contacto con ideas, experiencias e opinións diversas.

_ Entender a biblioteca dentro do contexto do proceso de ensino e aprendizaxe de todos e todas e impulsar o intercambio educativo.

_ Transmitir a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son indispensábeis para adquirir unha cidadanía responsábel e participativa nunha democracia.

_ Ofrecer oportunidades de criar e utilizar a información para adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse .

_ Proporcionar ao alumnado habilidades para desenvolver capacidades críticas a través da procura, selección e tratamento de información en calquera tipo de soporte, formato ou medio.

_ Proporcionar ao alumnado habilidades para desenvolver actitudes críticas a través da producción e interpretación de distintos tipos de texto, procurando a innovación, a creatividade e a construcción dun criterio propio.

_ Apoiar e facilitar a consecución do proxecto educativo de centro e dos programas de ensino.

_ Desenvolver habilidades que favorezan a toma de decisións críticas e a sensibilización cultural e social.

_ Utilizar a biblioteca escolar como centro de estudo autónomo.

Todos estes obxectivos pódense integrar nun obxectivo fundamental: transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado plenamente nas prácticas educativas de aula e de centro.

Tamén se debe entender que estes obxectivos non son para este curso, son a longo prazo e estamos dando os primeiros pasos.

  • Plan de actividades

- Continuar coas actividades de:

_ Localización e control dos recursos do centro.

_ Expurgo e actualización de fondos.

_ Recepción de fondos, rexistro e selado.

_ Organización dos materiais e colocación.

_ Sinalización.

_ Catalogación.

_ Informatización

_ Empréstito.

_ Garantir a dispoñibilidade dos documentos.

Están previstas, e así constan no proxecto de mellora de biblioteca presentado e non elixido para recibir subvención, unha serie de actividades, concibidas a longo prazo, non para un curso, senón para acadar ese obxectivo anteriormente citado de "transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado plenamente nas prácticas educativas de aula e de centro". E como se dicía antes imos da-los primeiros pasos e preténdese levar a cabo, pouco a pouco segundo posibilidades e sen prazos, unha serie de actividades desenroladas no propio proxecto, a saber:

  • Animando a ler. . . que fai falta.

  • Carné de lector/a.

  • Elaborar materiais-recordo da biblioteca.

  • Regalo dun retrato lector.

  • Completar individualmente o Diario de lectura.

  • Presentación da biblioteca.

  • Trocos de experiencias lectoras.

  • Mesas redondas.

  • Lectura en voz alta dun mesmo libro por parte de toda a clase.

  • Accións de sensibilización cultural e de participación da comunidade escolar.

  • Realización de "semanas", exposicións, etc. desde a biblioteca escolar.

  • Troco e boa relación coas bibliotecas públicas e infantís da localidade.

E a escritura?

  • Cadernos de noticias.

  • Diario da clase.

  • Revistas escolares de aula.

  • Libros de viaxes.

  • Libros de contos e lendas.

  • O álbum de fotos.

DINAMIZACIÓN CULTURAL DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR.

  • Semana do cómic.

  • Cando a biblioteca se disfraza de quiosco (Exposición de periódicos; o seu aproveitamento pedagóxico).

  • Coidado, a poesía anda solta! (Homenaxe a . . .

  • Un libro, unha viaxe (Cando alguén le un libro, realiza unha viaxe coa imaxinación.

  • Taller de outono: follas e palabras (Creación literaria e ilustración sobre o outono).

  • museo dos contos (Montar unha exposición en torno aos contos

tradicionais).

  • Talleres de ilustración.

  • Contamos un conto!

  • A paz e os libros (Exposición de libros e traballos con temática pacifista).

  • Sobe ao tren da poesía (Descubrir a poesía e aos seus autores).

  • O cine e os libros (Conmemoración do . . . aniversario do nacemento do cine)

Distribuir contido


by Dr. Radut