Este protocolo, resultado do traballo interdisciplinario e colaborativo do persoal especialista e técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, da Consellería de Sanidade e da Consellería de Traballo e Benestar, deseñouse como unha ferramenta de traballo útil para os profesionais que participan na atención a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos.
DECRETO 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar.