Encargado: José Teijeiro Menoyo
-
Obxectivos:
_ Proporcionar ao alumnado acceso aos recursos locais, rexionais, nacionais e mundiais que lle permita pórse en contacto con ideas, experiencias e opinións diversas.
_ Entender a biblioteca dentro do contexto do proceso de ensino e aprendizaxe de todos e todas e impulsar o intercambio educativo.
_ Transmitir a idea de que a liberdade intelectual e o acceso á información son indispensábeis para adquirir unha cidadanía responsábel e participativa nunha democracia.
_ Ofrecer oportunidades de criar e utilizar a información para adquirir coñecementos, comprender, desenvolver a imaxinación e entreterse .
_ Proporcionar ao alumnado habilidades para desenvolver capacidades críticas a través da procura, selección e tratamento de información en calquera tipo de soporte, formato ou medio.
_ Proporcionar ao alumnado habilidades para desenvolver actitudes críticas a través da producción e interpretación de distintos tipos de texto, procurando a innovación, a creatividade e a construcción dun criterio propio.
_ Apoiar e facilitar a consecución do proxecto educativo de centro e dos programas de ensino.
_ Desenvolver habilidades que favorezan a toma de decisións críticas e a sensibilización cultural e social.
_ Utilizar a biblioteca escolar como centro de estudo autónomo.
Todos estes obxectivos pódense integrar nun obxectivo fundamental: transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado plenamente nas prácticas educativas de aula e de centro.
Tamén se debe entender que estes obxectivos non son para este curso, son a longo prazo e estamos dando os primeiros pasos.
-
Plan de actividades
- Continuar coas actividades de:
_ Localización e control dos recursos do centro.
_ Expurgo e actualización de fondos.
_ Recepción de fondos, rexistro e selado.
_ Organización dos materiais e colocación.
_ Sinalización.
_ Catalogación.
_ Informatización
_ Empréstito.
_ Garantir a dispoñibilidade dos documentos.
Están previstas, e así constan no proxecto de mellora de biblioteca presentado e non elixido para recibir subvención, unha serie de actividades, concibidas a longo prazo, non para un curso, senón para acadar ese obxectivo anteriormente citado de "transformar a biblioteca escolar nun centro de recursos integrado plenamente nas prácticas educativas de aula e de centro". E como se dicía antes imos da-los primeiros pasos e preténdese levar a cabo, pouco a pouco segundo posibilidades e sen prazos, unha serie de actividades desenroladas no propio proxecto, a saber:
-
Animando a ler. . . que fai falta.
-
Carné de lector/a.
-
Elaborar materiais-recordo da biblioteca.
-
Regalo dun retrato lector.
-
Completar individualmente o Diario de lectura.
-
Presentación da biblioteca.
-
Trocos de experiencias lectoras.
-
Mesas redondas.
-
Lectura en voz alta dun mesmo libro por parte de toda a clase.
-
Accións de sensibilización cultural e de participación da comunidade escolar.
-
Realización de "semanas", exposicións, etc. desde a biblioteca escolar.
-
Troco e boa relación coas bibliotecas públicas e infantís da localidade.
E a escritura?
-
Cadernos de noticias.
-
Diario da clase.
-
Revistas escolares de aula.
-
Libros de viaxes.
-
Libros de contos e lendas.
-
O álbum de fotos.
DINAMIZACIÓN CULTURAL DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR.
-
Semana do cómic.
-
Cando a biblioteca se disfraza de quiosco (Exposición de periódicos; o seu aproveitamento pedagóxico).
-
Coidado, a poesía anda solta! (Homenaxe a . . .
-
Un libro, unha viaxe (Cando alguén le un libro, realiza unha viaxe coa imaxinación.
-
Taller de outono: follas e palabras (Creación literaria e ilustración sobre o outono).
-
museo dos contos (Montar unha exposición en torno aos contos
tradicionais).
-
Talleres de ilustración.
-
Contamos un conto!
-
A paz e os libros (Exposición de libros e traballos con temática pacifista).
-
Sobe ao tren da poesía (Descubrir a poesía e aos seus autores).
-
O cine e os libros (Conmemoración do . . . aniversario do nacemento do cine)